miércoles, 4 de marzo de 2009

Cociñarte

Traxe de noite con laranxas
A miña sinceira noraboa a Rosa González e a Cachito Álvarez polo comisariado da mostra COCIÑARTE que estes días pode verse na Casa da Xuventude.
O escaparate de moda comestible a cargo do colectivo La Bombilla Encendida de Madrid é unha explosión de creatividade dende o espacio que habitamos, dende o deliciosamente efémero que supón o traballo feminino. Logo está a exposición das 19 artistas que mostraron a súa obra en Ourense no último ano. Gustárome especialmente Yolanda Herranz, Marta Villoslada e Tamara Feijoo. Pero tamén os bonecos de ganchillo de Pilón Tabarés, ou o traxe confeccioado con plumas de Concha Outeiriño.

Traxe de noiva de arroz e palomitas
Mentras disfrutaba da exposición Cachito xustificaba esta decisión polo ínfimo porcentaxe de arte de mulleres nas galerías da cidade: soamente un 20%.
A linguaxe do íntimo, a creación dende o lugar que nos invisibiliza, a reivindicación da singularidade da ollada feminina é a voz da poeta Eva Moreira presente en paneis e paredes, provocando con frescura: O meu gato, o meu clítore, a miña caracola: Eu

Escultura de Yolanda Herranz

No hay comentarios: