sábado, 28 de febrero de 2009

A luz de Gándaras

Monte de Gándaras no que iberdrola pretende facer un pantano para turbinar a auga en caída libre ó Sil


Fun tocar o tambor, para ti, Gándaras. Cantei, non como a fervenza que te suca, cantei coma unha huz que te brotara.

Fun vibrar o tambor, para ti Gándaras, e a túa pel de séculos erizouse en carpazos floridos.

Conxurei ás ancestras que viron bailar o sol nos teus menceres de antano

Invoquei a protección do vento que de tanto amarte disolveu as túas aristas

Xunguime a ti na túa luz, coa miña luz.

miércoles, 25 de febrero de 2009

Entroido


Cada día arde coma papel no vento, os momentos son estouros de foguete.

Os tambores vibran a terra e a ledicia baila en portas e ventás.

Fotos: Selina

miércoles, 18 de febrero de 2009

sábado, 14 de febrero de 2009

Conto de San Valentín

Onte vira como a lúa chea enchía a paisaxe para non ferir ese hoco no que callaran tódalas palabras, tódalas imaxes da ausencia: xardíns ígnotos e perigosos, de atmósferas espléndidas e por veces beleñosas. Cando a sombra lle petaba no hombreiro esquerdo mentras percorría a rúa do progreso, catro veces ó día, entraba neles a xogar á muller enemorada.

Hoxe a sombra tiña os ollos verdes esmeralda. Cando reparou neles botáronselle enrriba e aplastáronna de frío.

Entón lembrou o sabor das uvas doces a estralar no padal.

Quedouse quieta ata que alguén pitou cando o semáforo se abría. Estaba chovendo

Preguntaríalle, diríalle

eu tamén morro de medo de mirarte os ollos cheos de luz que levas, de notar ó lonxe a calor de ninguén do teu corpo vivo.

Pero calará todas as palabras, polo tremer de verte.

Pensaría nunha física que os conformase. Esfera que nunca cesara, que nunca poidera ser detida. Esfera orixinada ó redor de dous corpos en tensión

-o concepto de centro é relativo-

Sinfonía dos catro elementos, movemento dos opostos.

Fusión e Fisión,

Creación, destrucción.

Terra que a posuira e agua que a percorrese abondosa, lume que lle nacería e aire que a levase sempre. Máis alá de toda gravidade, nun espacio e nun tempo sen coordenadas. Espandíndose, condensándose.

Creando o universo.

Escollería determinados aspectos da materia, como os aromas e do movimento, a harmonía.

A música, amor, por sempre.

Pero na boca medrábanlle escuras violetas que o seu silencio abonaba e no corpo espellábanselle lúas que el ignoraba, mentras seguía alá lonxe, na liña máis luminosa do solpor, e se lle mostraba soamente como aire verde.

Ollos de castiñeiro

Ribeira Sacra (foto:Selina)


Nestes ollos de mar e castiñeiro

non florecen mapoulas nen candea,

a penas luz, claror de lúa chea,

Sobre un mar, unha ardora de veleiro.


E aínda unha sombra, un amieiro

me revela o río, esta area,

vou pedirlle o vento que non lea

nas barcas desa pel o meu esteiro.


Lixeira nao non deixes marea,

souto luar en ondas te abanea,

estreladas aves, guían o roteiro.


Que o ar tatuome na pel auroras,

e confundida de min na miña ardora,

vestiume de nacar e de anceio.

sábado, 7 de febrero de 2009

Manifesto fundacional da Plataforma pola defensa da Ribeira Sacra

Pasarregueiros. Foto: Selina

Manifesto Fundacional da Plataforma: A Ribeira Sacra, xaneiro de 2009. Os colectivos abaixo asinantes constitúen a Plataforma pola Defensa da Ribeira Sacra co obxectivo de conservar o patrimonio natural desta zona e amosar o total rexeitamento aos proxectos de ampliación dos encoros no río Miño e Sil. En concreto os proxectos de novas turbinas de Santo Estevo II, Santa Cristina, San Pedro e os proxectos de bombeo de Iberdrola en Parada do Sil e, de Unión Fenosa denominados Os Peares III e Belesar III, contan co noso total rexeitamento e oposición. O motivo deste rexeitamento é o elevado impacto ambiental dunha zona protexida pola Rede Natura 2000, nos Canóns do Sil, e máis outra a piques de ser declarada Rede Natura na ribeira do Miño. Estas obras xenerarán grandes cantidades de escombros con voladuras frecuentes, apertura de pistas de acceso e máis liñas de alta tensión que teñen un carácter manifestamente incompatible coa protección ambiental da Ribeira Sacra. Ademais existen consecuencias económicas importantes destes proxectos na afectación ás infraestructuras turísticas da Ribeira Sacra que chegarán a paralizar o turismo na zona nun periodo de tempo de entre 5 e 7 anos, debido ao longo periodo de execución destas obras e á necesidade do baleirado dos encoros que afectarán enormemente aos catamaráns turísticos. Esta plataforma constitúese para solicitar a retirada dos proxectos de ampliación dos encoros, recoller información acerca dos valores naturais da zona para a realización de alegacións, realizar tarefas informativas sobre estes proxectos e pedir a paralización do único proxecto aprobado até o momento Santo Estevo II. Neste ánimo e coa defensa da Ribeira Sacra, do seu patrimonio natural e cultural desenvolveremos iniciativas para que se protexa un dos espazos máis característicos do interior galego no que a súa paisaxe constitúe un recurso de primeira orde.
Asociación Cultural O Castro (Pantón), Asociación Cultural Xastreu (Castro Caldelas), Asociación de Veciños Anacos da Cidade (Ourense), Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Concello de Chantada, Concello de Monforte de Lemos, Concello da Pobra de Brollón, Federación Galega de Turismo Rural (FEGATUR), Fundación Xermán Estévez, Lugosur (Asociación de Turismo Rural da Ribeira Sacra e O Courel), Turisacra (Asociación Empresarial de Turismo Rural da Ribeira Sacra)

viernes, 6 de febrero de 2009

As Tarefas de Heracles

Foto: J.A. Quirantes


Lavar con lama o deserto

e prantar luceiros na sombra,

percorrer os embigos da Terra,

e ancorarse ó seu corazón de cristal.

Espertar ós devas da Terra, durmidos baixo o asfalto,

replantar os musgos luminiscentes no interior das covas.

Lavar as aguas coa luz líquida do corazón dos cetáceos.

Atizar ó lume ós crisois

e ás fraguas das xeodas.

Guiar os ollos dos corazóns dos homes ás estrelas.

Botar bolboretas violetas ó ar

e limpar as azas polucionadas dos ánxeles.

Restituirlle á Deusa todo o amor violado,

e transmutar os suspiros das almas en aromas.

Romper a dor na raza dos homes,

e restaurar o reino da inocencia.

Engarzar os aneis da armonía

e facer con eles unha rede entre todos os seres.

Esparexer alento áurico que os traspase

e só entón, derramar o cáliz do amor.

Restaurar a maxia dos catro elementos

e que a súa sabedoría cósmica se instaure na Terra.

Durmir ó dragón con cantos de nai amorosa

e, cun carimbo dourado, selar a porta onde o mal mora.

lunes, 2 de febrero de 2009

Recupero

Foto: Selina
O meu corpo de nena recén parida,
a inocencia pura, en brillo de micas que me cubren.
Receptores telúricos en ondas que me xunguen á Terra.
Recupero o meu primeiro pranto,
en eterno retorno.
A dor de nascer
cada día.

Un arte

Foto: Selina
Dominar el arte de la pérdida no es complicado;
Cuántas cosas parecen estar hechas con el propósito
De que se pierdan que su pérdida no sea un desastre.
Pierde cada día algo. Acepta la emoción
de perder las llaves de casa, esa hora que pasa tontamente.
Dominar el arte de la pérdida no es complicado.

Ahora ve mas lejos, pierde con más rapidez:
Lugares, nombres, y donde fuera que pretendieras viajar.
Nada de esto te traerá un desastre.

Yo perdí el reloj de mi madre. ¡Y mira! También la última
o penúltima de mis tres adoradas casas se esfumó.

Perdí dos ciudades, entrañables ambas. Y lo que es peor,
un par de reinos que me pertenecían, dos ríos, un continente.
Los extraño, pero no fue un desastre.

Incluso perderte (tu voz cariñosa, ese gesto que amo)
me moverá a engaño. Es evidente
que dominar el arte de la pérdida no es tan complicado;
aunque (¡Toma nota!) pueda parecer un desastre.

Elizabeth Bishop

E. Bishop: Massachussets 1911
Premio Pulitzer en 1965
Profesora en la U. de Harward y en la de N.Y.
Publicó 8 libros con unos 100 poemas.
Murió en 1979

Actualidade crítica

domingo, 1 de febrero de 2009

Axuda Mutua



…En todos estos casos, el papel más importante lo desempeña un sentimiento incomparablemente más amplio que el amor o la simpatía personal. Aquí entra el instinto de sociabilidad, que se ha desarrollado lentamente entre los animales y los hombres en el transcurso de un período de evolución extremadamente largo, desde los estadios más elementales, y que enseñó por igual a muchos animales y hombres a tener conciencia de esa fuerza que ellos adquieren practicando la ayuda y el apoyo mutuos, y también a tener conciencia del placer que se puede hallar en la vida social…

…El amor, la simpatía y el sacrificio de sí mismos, naturalmente, desempeñan un papel enorme en el desarrollo progresivo de nuestros sentimientos morales. Pero la sociedad, en la humanidad, de ningún modo le ha creado sobre el amor ni tampoco sobre la simpatía. Se ha creado sobre la conciencia -aunque sea instintiva- de la solidaridad humana y de la dependencia recíproca de los hombres. Se ha creado sobre el reconocimiento inconsciente o semiconsciente de la fuerza que la práctica común de dependencia estrecha de la felicidad de cada individuo de la felicidad de todos, y sobre los sentimientos de justicia o de equidad, que obligan al individuo a considerar los derechos de cada uno de los otros como iguales a sus propios derechos…

…En la práctica de la ayuda mutua, cuyas huellas podemos seguir hasta los más antiguos rudimentos de la evolución, hallamos, de tal modo, el origen positivo e indudable de nuestras concepciones morales, éticas, y podemos afirmar que el principal papel en la evolución ética de la humanidad fue desempeñado por la ayuda mutua y no por la lucha mutua. En la amplia difusión de los principios de ayuda mutua, aun en la época presente, vemos también la mejor garantía de una evolución aún más elevada del género humano.

Piotr Kropotkin