lunes, 30 de noviembre de 2009

Acelgas

Foto: Florian Barbu
Comproba
como me fere preparar unhasverduras
como é que unha acelga
pesa máis co resto do universo.
Observa
como me depreda este eco
de escoitar e non escoitar
na somnolencia do meu insomnio.
Esquecida
cruzo os ermos do fastío
entre dunas de impotencia
e ausentes labirintos.

Acelgas.

Chus Pato, Urania, 1991

domingo, 22 de noviembre de 2009

Manifesto da Marcha Mundial das Mulleres

foto: Florian Barbu

"Nos últimos três anos, mais de 53000 homes foron condenados a penas de prisom por violência de género. O 60% deles reconhece o delito, mas minimíza-o e justifica-o, demostrando que existen crenças mui enraizadas na sociedade de que a violencia contra as mulheres, forma parte natural da masculinidade"

Do manifesto:
TODAS AS FERRAMENTAS CONTRA AS RAÍCES DA VIOLENCIA
25 de novembro - Día Internacional contra a violencia de xenéro
Marcha Mundial das Mulleres

martes, 17 de noviembre de 2009

Dolores



No 20 aniversario do seu pasamento: un poema de Alberti cantado por Rosa León

domingo, 8 de noviembre de 2009

sábado, 7 de noviembre de 2009

Dende o teu talón de Aquiles

Foto: Selina
Dende o teu talón de Aquiles deches
unha chiscadela ó xardín das garzas.

Soñaches no lapislázuli, unha carauta sorrinte
no azaneo permanente da fraga.

Na tribu floreciches coas gardenias
e no xiro dos planetas o abrente,
deisaches; a dúbida... de favor,
entre o zume dos estraloques morados.

E quizais,
na casa mistreiosa do sexo
sostés a transmisión
do universo

Carmen Lobón Aguiar (Poesía dos Alens)

domingo, 1 de noviembre de 2009

Noite de Defuntos


O vento rasga as nubes,

raspa as herbas do camposanto.


No centro, o círculo ancestral.


Ó sinal do oeste, lugar das augas,

das bágoas das mulleres: nubes de leite.

Enxaugues de panos en sal.


Ó sinal do leste, lugar dos ventos,

das flores, das gaitas,

da poesía: linguaxe dos paxaros.

Batallas floridas, grandezas da linaxe.


No sul de luz, lugar do lume,

das fogueiras, das piras

das lapas: purificación.

Icineración de antergas escuridades.


No norte, lugar da terra,

da abundancia, dos alimentos

da sabedoría: ágape nutricio.

Agradecimento da herdanza


Marchan as sombras

Polas quebradas da noite.

Camiñan pola ponte

que por esta noite se tende,

para iniciar o novo ciclo

de vida morte e vida



fotos: Selina

Samaín