Mostrando entradas con la etiqueta Música. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Música. Mostrar todas las entradas

sábado, 6 de noviembre de 2010

Pica la cebolla



Chégame este regalo das miñas amigas Montse e Titina. Que o disfruten!

viernes, 5 de noviembre de 2010

Ron Carter Foursigth


Unha vez máis o Café Latino marcou a excelencia na súa programación ofertando a cidade de Ourense a posibilidade de pasar unha velada inesquencible da man do mítico Ron Carter que en formación de cuarteto veu acompañado pola pianista Renee Rosnes, o batería Payton Crossley e o percusionista Rolando Morales Matos. 
As dúas horas que durou o concerto pasaron voando entre a profundidade  dos sons desas catro cordas que Ron toca, acariña, percute e fai vibrar e o espectaculo sonoro do percusionista creando e improvisando ambientes sonoros que me levaron por  bosques, montañas e mares caribeños.
Unha actuación con "ánxel" e un privilexio que gardarei no haber dos praceres da vida.
Nunca olvidarei a nterpretación da deliciosa versión de My Funny Valentine.


Ainda conservo este vinilo, un dos máis escoitados e apreciados da miña colección.

domingo, 23 de agosto de 2009

Domingo

let yourself feel. from Esteban Diácono on Vimeo.



Os visillos do salón ínflanse coma velas dun veleiro.Corre brisa. Co balcón aberto escoitase o ruído leve dun mediodía de domingo na cidade. Nada que facer, só estar e respirar. Así.

domingo, 16 de agosto de 2009

Naranjas de la China


SOY UNA MUJER FELIZ!!!!!

Como todos os anos o poder de convocatoria e a increible hospitalidade de Sonia e Perolo, congregaron na súa casa de Lira , desta vez a 80 persoas, na festa que ven sendo tradicional dende o 2003, fatídico ano do afundamento do Prestige. A ela veñen sempre un grupo de mulleres catalanas que organizaron, daquela, as comidas para o voluntariado que traballou, sacando chapapote, na praia da Carnota. Entre elas Montse e Titina que combinan os fogóns coa música e que baixo o nome de Naranjas de la China poñen en escena un divertido espectáculo cun repertorio de cancións que nos contan, con moita ironía, un mundo visto con mirada violeta.
Estes son dous malos vídeos das fantásticas Naranajas de la China. Neste segundo acompañadas por Nico.


REINA POR UN DÍA

lunes, 27 de julio de 2009

Esperanza Spalding en Pontevedra


Esperanza Spalding no XVII Festival de Jazz e Blues de Pontevedra. Foto Selina

Que gustazo poder disfrutar desta marabilla en vivo e en directo!
A noite estaba deliciosa na praza da Ferrería, a voz de Esperanza vibraba nunha explosión de matices mentras os seus dedos golpeaban as grosas cordas do contrabaixo, degranando a complexidade de ritmos virtuosos e sublimes. Acompañada de tres xovencísimos músicos: Otys Brown ó piano, Leo Genovese á batería e Ricardo Vogt á guitarra, deleitounos cun repertorio de composicións proprias e arranxos moi creativos de temas clásicos de Chick Corea, Wanny Shorter, Nina Simonne... Scatt, Bossa, Soul ... soaban a ceo callado de estrelas na súa voz de serea trilingüe.
O jazz en vivo me levanta e me descorcha e o peor sempre é o final: Como meterme na cama e durmir con tanta música na mente?