sábado, 20 de marzo de 2010

viernes, 19 de marzo de 2010

In Memoriam de J. Vidal Beneyto

José Vidal Beneyto en 1972, foto: El país

Sei que moitos ímoslle botar de menos e que mercar El País xa non terá ningún alicerce ao faltar a súa lúcida columna de librepensador e periodista independente. De sempre fun admiradora da súa traxectoria vital e comprometida, dende o seu papel primordial no logro do, chamado polo franquismo, O Contubernio de Munich, ata a súa participación coma coselleiro científico de Attac . Longa vida á semente do seu xeneroso e fecundo pensamento.

domingo, 14 de marzo de 2010

O 13 sábado en Compostela

Marchantas ourensás á súa chegada a Compostela, foto: Selina

Érase uhna vez dúas bonecas ourensás que chegaron a Compostela o sábado 13 de Marzo, moi contentiñas, cos seus vestidiños tan lindos, feitos con tanto amor por mulleres tan creativas que puxeron neles toda a esperanza nun mundo mellor, máis xusto e igualitario.

Confección dos vestidos das Marchantas, Praza Maior de Ourense, 8 de marzo, foto Pilar Gato



Alí, na estación encontráronse con outras que viñan de toda Galicia. Unha marisqueira e unha conserveira de Vigo.

As Marchantas de Vigo, foto: Selina


Outra que viña de Pontevedra, directamente da Praza da Verdura, chea de sentimentos e emocións; con botas e un paraugas molladiño de desexos e valores positivos.

Marchanta de Pontevedra, foto: Selina

E mesmo estaba a da Coruña coa historia do feminismo tatuada na pel

Marchanta da Coruña, foto: Selina

A ferrolá era moreniña.
- Seguro, seguro que é caboverdiana- cotilleaban as de Ourense.

Marchanta ferrolá


Outra traía sementes no corazón e herbas menciñais na faltriqueira. Era a máis terrenal, a que simbolizaba coma ningunha as mulleres do mundo.

Marchanta pola soberanía alimentaria, foto: Selina



foto: Selina
- Seremos nós as escollidas para viaxar ó 17 de outbro ó Congo?- pensaban as lindas.
-Xa se verá, de momento haberá que chegar ata a Praza de Cervantes donde seremos presentadas, merendaremos e participaremos da festa da Marcha Mundial das Mulleres que hoxe lanzan a súa III Acción Internacional.

Actuación de Churra e Meri-na, supervedettes

Que ben o pasaron, sen príncipe, sen zapatiños de cristal e sen perdices (eran veganas)



domingo, 7 de marzo de 2010

8 de marzo



Para todas, com amor

sábado, 6 de marzo de 2010

A escrava que amou

Rúa do Paseo, foto Selina

Na fiestra folgada do horizonte
está a escrava que amou,
ata o penúltimo instante,
o desleigado amor desa cruel vaidade,
que aínda fire o perdón cun beixo mudo,
na ollada silente dun ceo de pedra.
Ela, que con feble pulso, aínda terma da Terra
e late sen ritmo nas horas sen luz
que deixas ó teu paso.

lunes, 1 de marzo de 2010

Crise

Foto: Selina

Levo tanto tempo sen facer unha entrada que xa me son horas.
Hoxe entra marzo, ventoso por certo, e con el terremotos, tsunamis, bombas metereolóxicas... moito movemento no planeta pero pouco nas conciencias e nos cambios de actitudes cara o medio.
Unha énchese de pesimismo, o pesimismo da razón e aínda que lle quede un chisco de optimismo da vontade, esta vaise mermando e por momentos o espríto entra en crise.
A crise vaise estendendo coma unha pandemia contra a que nos están facendo crer que non hai antídoto.
Na bandexa de entrada do meu correo aparecen a diarío listas interminables de polítcos delincuentes, acosadores sexuais, peticións de firmas contra: etnocidios indíxenas, intervencións salvaxes en ecosistemas vulnerables, maltrato animal, violacións dos dereitos humanos, verquidos tóxicos, manobras orquestais contra a nosa ligua... E con este panorama, a verdade e que me resulta absolutamente trivial e imposible escribir sobre o último libro que me cautivou ou os marabillosos ciclos de cine que nos depara o Cine Clube Padre Feijoo.
Polas mañáns esperto coa alma enguruñada, feita un novelo, vístome de loito, desaiuno cemento e arrastrando os pés marcho a traballar sen gana, baixo a choiva e nen miro as mimosas que xa están floridas.

Reedito a entrada porque sego a ser unha inocentona: véxan vostedes mesmos