sábado, 30 de mayo de 2009

Os oídos de Perseo


Ó fin saliu de sí a serpe que anidaba nela. Saíulle pola boca. Levaba tempo remexendolle nas tripas, asomando polos ollos, deixándose ver nalgunha palabra.
Foi naquela tarde calurosa, tiña que ser, pois a calor é propicia para a eclosión dese tipo de réptis. Xurdiu de pronto e con movementos rápidos e sinuosos acubillou nos oídos inocentes coa intención de buscar un lugar propicio para iniciar un novo ciclo de reproducción, allea eso sí, ó pequeno heroe que neles habitaba, curtido xa noutras batallas con serpes máis poderosas. Máis aínda así, da dor e da decepción ninguén os libraría.

O parguas Galego de Manolo Rivas

As vacacións de Hegel de Magritte

Si, eu tamén me apunto ó PG (clic), para refuxiarme da que está caendo, para nutrime das pingueiras dos que me acompañan.
O dicir que chove cando mexan por nós, é un xeito de negarse a aceptar unha realidade que non é tal.
A nosa lingua vivirá sempre, debaixo dos paraguas hai voces para cantar, contar, falar e ensinar os doces meles do galego.

sábado, 23 de mayo de 2009

Viacrucis da Marcha Mundial das Mulleres



Fóronse colocando as siluetas na Delegación de Cultura, na Policía Nacional, na Delegación de Asuntos Sociais, no Pazo de Xustiza, Delegación de Educación, Colexio Médico Delgación de Sanidade, Planificación Familiar, Subdelegación do Goberno, Banco de Santander, Pazo Episcopal, Concello e Caterdral, rematando no Grándola, como é habitual.
Unhas veces a ritmo fúnebre, outras a ritmo de festa, fómonos facendo paso polas rúas da cidade nunha tarde de mitin de Rajoi no Pavillón dos Deportes, de concerto da Banda Municipal no Paseo, de Jazz na rúa, con xente nova que se nos ía unindo, con algún incidente a cargo da beatería que ronda a Catedral.
Esgotadas ao final, pero imparables.

viernes, 22 de mayo de 2009

Aínda estaba alí

Imaxe: Floriana Barbu

Descubriuno acubillado entre as sabas, da súa beira, nun bulto negro, imperceptible, pero que cada vez que facía a cama, non se sabía moi ben por que a roupa no sentaba ben dese lado. E estaba alí, creíao morto, pero estaba vivo aínda. Moi vello, moi feble, e unha compasión inmensa encheu o seu corazón.

Asomaba a cabeza espertando dun profundo soño. Ignorado tanto tempo! E o velo baixou correndo a cociña para levarlle algo de leite, algo que o reanimara e acariñouno.

Sin pensalo un só segundo sacouno de alí. Case non lle pesaba, e inventou unha habitación con bo leito, para que repousara e se repuxera. E alí alimentouno cos poucos alimentos que lle quedaban.

Sacouno do seu leito, amor. Por fin sentiuse libre.

sábado, 16 de mayo de 2009

Impacto

foto: Sara Ramo

A pura vibración do silbo
rasgou a xeada do mencer
cun impacto no corazón.

Naceu en Venus unha explosión,
alí onde se consuman os ritos da fragua,
e incendiouse a raíz Terra.

A pura vibración do silbo
ardendo na máis alta octava,
cos ollos presos na beleza
e no centro, equidistante ó desexo,
fundímonos con lumes vivos,
no núcleo de xeoda acrisolada

O silbo amor, que vibrou o aire que respiraba.

viernes, 15 de mayo de 2009

El misterio de la flor

Fotos: Selina

Criatura del aire como palabra leve que se quedó así, en un punto que dándose de tan múltiples maneras, habla de la identidad indivisa. (...) Toda distinción, pues está en su origen al que permanecen ellas apegadas, sujetas, eso sí, sujetas a perecer un día por la acción de la "inclemencia" de los elementos y del trato humano, y del animal que la suele ver para devorarla, del hombre para arrancarla, sentenciada ya, aúnque la sentencia no se cumpla, a la violencia, expuesta al rigor de la "Ley", esa ley que no aguarda a que llegue la muerte para arrancar la vida, sustrayendo así a la par la muerte y su acción y a la vida su vuelo. La inclemencia adversa al soplo y a cualquier otro don de la clemencia.


M. Zambrano: El misterio de la flor, en DE LA AURORA
Ed.Tabla Rasa, 2004

lunes, 11 de mayo de 2009

O as na manga


Xa sabíamos dela e do seu premio Nóbel en fisioloxía e mediciña, no ano 1983, gracias as invesigacións que a levaron ó descubremento do factor nervioso do crecemento. Esta muller feminista afirma que os males da humanidade veñen do dominio do sístema límbico- hedónico, no que se aloxan as estructuras que rixen as pasións e as emocións, moi necesario, por outra parte para a continuidade da especie.
A esperanza, polo tanto, na evolución dos seres humanos, está no neocortex, sistema que presenta máis plasticidade xa que foi evolucionando ó longo dos séculos. A neurobioloxía moderna demóstranos que os fenómenos de aprendizaxe conlevan cambios morfolóxicos, bioquímicos e moleculares a cargo de certo tipo de neuronas.
É esa capacidade plástica do sistema nervioso a encargada, os seus compoñentes non están fixados dun xeito irreversible a un programa xenético, senón que se a adaptan ós estímulos, e non só no periodo inicial da vida, senon tamén na fase senil. Perdemos neuronas, si, pero coa idade, as que quedan ramifícanse, utilizando circuítos neuronais alternativos. É este o pensamento forte deste libriño de divulgación que lín nesta fin de semana.
O libro, despois dunha pasada sobre o fío de Ariadna, que nos conducirá polos meandros do sistema nervioso, fai un colorario sobre a creatividade, confrontando a creatividade artística co descubremento científico, pasando logo a unha galería de persoas que demostraron a súa xenialidade ó longo da súa vida, como Miguel Ángel, Picasso ou Bertrand Rusell, entre outros.
O As na manga que nos propón a Levi Montalcini é a capacidade de utilizar as propias actividades mentais, psíquicas. sobre todo na fase senil. "No xogo a cartas tapadas da vida, para gañar na fase máis críta do home que é a vellez, o decisivo non é o truco ou a deslealdade do tahur, senon a capacidade de previsión e a habilidade para usar o raciocinio"

viernes, 1 de mayo de 2009

Se queres facer o amor, non fagas a guerra

Wangari Maathai, ecoloxista keniata

Unha brisiña de esperanza nesta noticia (clic) que escoitei onte no telediario. Bravo polas mulleres keniatas!
É un exemplo do que se pode facer para dar un paso adiante cara a evolución da conciencia humana.
Todo o meu amor para este xesto de valentía.