miércoles, 9 de diciembre de 2009

Xornadas Feministas Estatais, Granada 30 anos despois


Fun a Granada, si. Eran 130 actividades: identidade, xénero, aborto, prostitución, coidado, crise, arte, os nosos corpos e vidas, e 3000 mulleres de todo o Estado. Un novo pulo para o meu feminismo, para o meu compromiso. E alí nos nutrimos, debatimos, bailamos, rimos e saímos ás rúas: "Alerta que camiña a loita feminista polas rúas granaínas". Recoñocéndonos aínda que nunca nos tivéramos visto. Identificándo en discursos teóricos e en investigacións moitas reflexións sobor das experiencias que nos conforman, corroborando en outras voces análises feitos no camiño, un camiño que xa non ten volta atrás.

No hay comentarios: