martes, 22 de diciembre de 2009
The Singer of Owls
O cantor dos bufos desapareceu na escuridade.
Unha vez máis, non gañara o premio.
Así pasaba no colexio.
Prefería os recunchos con luz ténue, onde camuflarse
e pensar en vogais longas e na fame,
e na amargura da neve profunda.
Tal mal humor non atrae moitos destellos.
Que me pasa?, preguntou ás sombras
-a esa hora, eran sombras das árbores-,
Por que malgastei o fío da miña vida?
Abrinme ós teus silenzos.
Permitín que a crueldade
e as plumas me posuiran.
Tragueime os ratos.
Agora, cando chego ó final, valeriro
de palabras e sen alento,
non me axudaches.
Agarda, dixo o bufo sisiloxamente.
Entre nós non hai premios.
Tí cantabas por necesidade,
coma min. Ti cantabas para min
e para a miña selva, a miña lúa, o meu lago.
O noso canto é un canto nocturno.
Hai pouca xente esperta.
Margaret Atwood: La Puerta, Bruguera, Poesía, 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario