Lavar con lama o deserto
e prantar luceiros na sombra,
percorrer os embigos da Terra,
e ancorarse ó seu corazón de cristal.
Espertar ós devas da Terra, durmidos baixo o asfalto,
replantar os musgos luminiscentes no interior das covas.
Lavar as aguas coa luz líquida do corazón dos cetáceos.
Atizar ó lume ós crisois
e ás fraguas das xeodas.
Guiar os ollos dos corazóns dos homes ás estrelas.
Botar bolboretas violetas ó ar
e limpar as azas polucionadas dos ánxeles.
Restituirlle á Deusa todo o amor violado,
e transmutar os suspiros das almas en aromas.
Romper a dor na raza dos homes,
e restaurar o reino da inocencia.
Engarzar os aneis da armonía
e facer con eles unha rede entre todos os seres.
Esparexer alento áurico que os traspase
e só entón, derramar o cáliz do amor.
Restaurar a maxia dos catro elementos
e que a súa sabedoría cósmica se instaure na Terra.
Durmir ó dragón con cantos de nai amorosa
e, cun carimbo dourado, selar a porta onde o mal mora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario