
Foi así como o outro día vin Malas Tierras, unha película realizada en 1973 por Terence Malick e interpretada por un Martin Sheen moi xoven, con moito parecido a Jeams Deen e pola pelirroxa Sisy Spacek.
Malas Tierras é unha desas películas clásicas do cine americano que eu chamo “especial”. Malick coma Saylles é un deses directores que tenta afastarse da corrente do gusto maioritario do público da súa época, fuxindo de convencionalismos e mantendo unha distancia sobre o narrado que en ningún momento rompe a empatía polos personaxes que describe. Neste caso, Malick consígueo a base de longos planos que inducen á racionalidade nun argumento que aposta pola naturalidade na conquista dun paraiso perdido.
Unha road movie na que o destino dos personaxes vaise trazando nas consecuencias dos seus “inocentes” crimes, na que os espazos de liberdade se viven na beleza, non recreada, dunha natureza allea ó acontecer, na que a soedade da parella, polas inmensas chairas de Dakota augura o final tráxico e esperado. Porque o paradiso xa está perdido e todo intento de recuperalo é unha loita imposible.
No hay comentarios:
Publicar un comentario