|
Our Lady 1999 |
Naceu en Los Mochis, Sinaloa, México. Estudou na Universidad de California e o seu traballo foi exposto en museos e organizacións de California, Ciudad de México, Ciudad Juárez, Nápoles, Italia e Irlanda. Polo seu traballo, activismo, e a súa
web, Alma López é unha das artistas activistas máis visibles das vanguardas chicanas feministas no país.
, |
Our Lady of Controversy ©2008 Acrylic on 3' x '4' canvas |
López gañou notoriedade en 2001, cando a Igrexa Católica intentou censurar a exhibición desta imaxe na exposición
de Cyber Arte: Encontro entre Tecnoloxía e Tradición, no Museo de Arte Popular Internacional en Santa Fe, Novo México. A controversia que durou nove meses tivo gran importancia local, nacional e internacional, e puxo en cuestión a autonomía institucional dos museos públicos.
As súas obras abren novos camiños de interpretación da iconografía colonial mexicana.
A serie 2004 de pinturas acrílicas,
Corazon / Virxe, sitúa os dous emblemas por excelencia do catolicismo mexicano: O Sagrado Corazón e a Virxe de Guadalupe, no contexto da vida común e da cultura popular, a través de referencias para tatuaxes e graffitis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario