sábado, 13 de noviembre de 2010

Vibración



 Vibración:  do grego “energas”  “activo”  significa que a vibración é actividade ou movemento. Para os orientais é un“principio”, denominado “Prana” que todo o impregna. A ciencia interpreta este principio como o movemento interno de cada ser que acontece polo movemento do electrón ao redor do átomo, e esta vibración constante pode ser recoñecida pola aura todo que todo corpo emite como luz, e como luz manifesta a súa natureza corpuscular e ondulatoria  de volume e cor variable.

Unha vibración é unha onda  nun segundo e a cantidade de vibración  nun segundo é a frecuencia. Unha frecuencia é un estado de vibración, pulsación de onda, que se repite ciclicamente . Día e noite é un ciclo e tamén  unha frecuencia. O tempo é unha frecuencia. Os ciclos da Natureza son pulsacións de onda nun ritmo e unha frecuencia regular. O tempo, as estacións do ano, as fases lunares, o pulso do corazón, o cilco da fertilidade nos seres vivos… a nosas vidas son unha frecuencia, unha dinámica ciclica.


Se todo vibra e o pensamento vibra e ao vibrar fai vibrar ao que ten perto, como música,  entón a consciencia dime que a vibración do meu pensamento produce efectos. E non podo deixar de preguntarme pola fórmula que conseguiría facerme vibrar na frecuencia de onda da auga ou …do amor universal ou.. dos seres que amo, para lograr a comprensión mutua e a unión con eles.
Seremos quen de lograr ese salto evolutivo?

No hay comentarios: