lunes, 22 de noviembre de 2010
Descenso
Caen as noites subitamente e unha urxencia de interiores me leva a traspasar esa porta. Entro en fase escura, entre min e a sombra e allí me acubillo, na sabedoría matriz, para renascer. Buscando na dor, medo, destructividade, insatisfaccións, obstáculos, e límites. Causas e crencias. Buscando na escuridade, volvendo ao caldeiro, perdéndome no labrinto, na espiral cara ao centro interior, cara ao ser.
fotos: Selina |
sábado, 13 de noviembre de 2010
Vibración
Vibración: do grego “energas” “activo” significa que a vibración é actividade ou movemento. Para os orientais é un“principio”, denominado “Prana” que todo o impregna. A ciencia interpreta este principio como o movemento interno de cada ser que acontece polo movemento do electrón ao redor do átomo, e esta vibración constante pode ser recoñecida pola aura todo que todo corpo emite como luz, e como luz manifesta a súa natureza corpuscular e ondulatoria de volume e cor variable.
Unha vibración é unha onda nun segundo e a cantidade de vibración nun segundo é a frecuencia. Unha frecuencia é un estado de vibración, pulsación de onda, que se repite ciclicamente . Día e noite é un ciclo e tamén unha frecuencia. O tempo é unha frecuencia. Os ciclos da Natureza son pulsacións de onda nun ritmo e unha frecuencia regular. O tempo, as estacións do ano, as fases lunares, o pulso do corazón, o cilco da fertilidade nos seres vivos… a nosas vidas son unha frecuencia, unha dinámica ciclica.
Se todo vibra e o pensamento vibra e ao vibrar fai vibrar ao que ten perto, como música, entón a consciencia dime que a vibración do meu pensamento produce efectos. E non podo deixar de preguntarme pola fórmula que conseguiría facerme vibrar na frecuencia de onda da auga ou …do amor universal ou.. dos seres que amo, para lograr a comprensión mutua e a unión con eles.
Seremos quen de lograr ese salto evolutivo?
jueves, 11 de noviembre de 2010
Sahara libre!
sábado, 6 de noviembre de 2010
viernes, 5 de noviembre de 2010
Ron Carter Foursigth
Unha vez máis o Café Latino marcou a excelencia na súa programación ofertando a cidade de Ourense a posibilidade de pasar unha velada inesquencible da man do mítico Ron Carter que en formación de cuarteto veu acompañado pola pianista Renee Rosnes, o batería Payton Crossley e o percusionista Rolando Morales Matos.
As dúas horas que durou o concerto pasaron voando entre a profundidade dos sons desas catro cordas que Ron toca, acariña, percute e fai vibrar e o espectaculo sonoro do percusionista creando e improvisando ambientes sonoros que me levaron por bosques, montañas e mares caribeños.
Unha actuación con "ánxel" e un privilexio que gardarei no haber dos praceres da vida.
Nunca olvidarei a nterpretación da deliciosa versión de My Funny Valentine.
Ainda conservo este vinilo, un dos máis escoitados e apreciados da miña colección.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)