miércoles, 7 de enero de 2009

Contradición política

A xente de ben, as persoas solidarias, estamos alporizad@s ante o xenocidio en Palestina de víctimas “inocentes” (Esta precisión sobra. Que queren dicir? Que hai seres non inocentes que merecen a morte?). Esta cruel demostración de poder xa dura anos e facemos chamamentos de protesta e manifestámonos para condenala, tamén en Vigo.
Creo que xa é hora de preguntarse onde está moita desa xente solidaria cando as mulleres nos manifestamos ante os asasinatos de víctimas dunha violencia que dura séculos. Onde a condolencia con tantas criaturas atemorizadas e angustiadas polas ameazas, os golpes, o sangue, o crime na casa? Sen saír de aquí comprobamos o arrepío. Gaza está na casa de milleiros de mulleres, aquí e no mundo enteiro.
Por que vos doedes da mágoa distante e non vos condoe a próxima? Por que o xenocidio en Palestina é político e o xenocidio de mulleres, por seren mulleres, non conmove as vosas conciencias?
Non me dirixo ás persoas misóxenas, senón ás mentes limpas e solidarias, para reflexionar sobre esta contradición política na consideración do poder: que as víctimas cobren valor según quen as mate e por que as maten. Haberá un certo corporativismo co propio sexo? Contra o goberno de Israel, ou calquera outro do mundo, cruel ou explotador, non hai implicacións persoais. Haberá mulleres que teman seren confundidas con feministas. Outros, tal vez, non se manifestan por pudor ou indecisión, ou...
Pídovos, neste aninovo, esta reflexión, e a implicación contra o terrorismo sexual que acabará o día en que a maioría da poboación mostre a súa repulsa.

María Xosé Queizán

O Vento e o Silencio

Foto: Luis Vence
O vento e o silencio.
O peso do corpo sen mente que o mova.
O vento e o silencio
E o cemiterio.
As vivúvas camiñan pola carretera
Regulamente.
Unha raiola de sol sobre a montaña ferida.
As fouces sen gume durmen no curral grande,
As gadañas sen cravuñar penduran das trabes.
Os poucos homes bébedos anícanse,
Escóndense no fume do bar
E berran e maldicen e blasfeman sen mirar as estrelas.
Ladran os cans
Eternamente.
A aldea durme,
A cidade durme.
O vento e o silencio campan neste mundo meu.
Unha voz chegou,
Unha voz telúrica,
Temporal,
Porondandabas?
Busqueite no google.
Erásme descoñecido
Erásme descoñecido moi eduacado e protocolario
Ensaiado en Tubinga e nos paraninfos das universidades.
Busqueite na luz deses ollos teus...
O vento e o silencio,
E as horas.
Cantar ese alem mudo.
Polo Portomuíño andaban os cans e as casadas
Endomingadas para que as viran os coches
Intermitentemente.
Aquí non hai arte só os farallóns das penas de Pedome
Que tamén están no google earth
E os lobos que non saben fonética,
Tamén estan os merlos
E os pobres raposos tan citados nos xornáis.
Aquí non hai arte, só silveiras que medran e medran.
Aquí non se cita a ninguén
Só o vento e o silencio que penetran polo Sil,
Enfiando polo Canón,
Rañando Gándaras,
Dando a volta polo Retorniño,
Remuiñando na Albariza do Vello,
Remansando no Chan de San Silgo.
Xa hai tempo que non prendo o lume
Góstame ver durmir a leña
E ós gatos anicarse nela.
Xa hai meses que no se escoita a curuxa
Que antes viña ó balcón
Só o vento e o silencio.

lunes, 5 de enero de 2009

Oleiros


Cando se chega a Oleiros accedese a un territorio no que retazos de utopía parecen cobrar vida e non queda máis que preguntarse ¿cómo é posible?.
Decía Einstein que a realidade é unha ilusión moi persistente e en Oleiros sintes que esa ilusión, nacida da mente do seu alcalde Ángel García Seoane, encarna.
Praza Rigoberta Menchú, Auditorio Gabriel García Márquez, Paseo José Martí... Bibliotecas públicas, piscinas, talleres, progarmación cultural excepcional...
Pasei a fin de semana en casa que a unha amiga ten en Bastiagueiro e paseamos, paseamos moito.


Ela que é unha apaixoada do urbansimo e as políticas locais faloume entuiasmada das transformacións deste municipio nos últimos tempos, dos inmensos paseos pola beira mar, das dificultades que ocasionaron as expropiacións, das recuperación de edificios singulares, do funcionamento excepcionalmente democrático do seu concello, do trato que ten o alcalde coa vecindade, dos custos persoais que este home tivo para afrontar toda esta aventura.


Nun pais do que se dí que "cando alguén quere facer unha pista aparecen mil valados" Oleiros é a exepción.




jueves, 1 de enero de 2009

Clint Eastwood


As películas de Clint Eastwood sempre me deixan un regusto amargo, un malestar, a pesares diso sempre acabo deixándome engatusar polas amigas e vou e as vexo.
Esta sensación tívena especialmente con Mystic River e con esta última, El Intercambio. Nunca sei moi ben se este director nos mostra criticamente esa vontade xusticieira do pobo americano ou é el o xusticiero.
Non poño en dúbida o seu bo facer fílmico, esa precisión narrativa na que ningún plano está demáis, nunha armonía de climax e anticlimax propia da súa xa probada mestría.
Eses puntos de vista por encima: as tomas áereas en Mystic River, os cenitais e as grúas en El Intercambio, propoñen ese distanzamento que parece manter sobre o narrado e que logo se contradicen co énfasis que fai nas escenas de truculenta vinganza na primeira, ou nas tomas do aforcamento que conta cuhna precisión escalofriante, na segunda.
Arrepiantes son os primeiros planos do dogal e os patalexos estertóricos do pobre asasino, un enfermo mental, nunha escena na que se recrea e que a mín me resultou intolerable. Esas eleccións eastwoodianas son as que me incomodan. Sobre todo por que sintes ó patio de butacas participando dese punto de vista, tan pouco edificante da "xusta vinganza" fronte ó delito.

miércoles, 31 de diciembre de 2008

Balance de Fin de ano


Silencio de Jean SaudeK

Para facer balance de contas ó peche do ano, este poema de Wislawa Szymborska


DISCURSO EN EL DEPÓSITO DE OBJETOS PERDIDOS

Perdí algunas diosas en el camino de sur a norte,
y también muchos dioses en el camino de este a oeste.
Se me apagaron para siempre un par de estrellas, ábrete cielo.
Se me hundió en el mar una isla, otra.
Ni siquiera sé exactamente dónde dejé las garras,
quién trae mi piel, quién vive en mi concha.
Mis hermanos murieron cuando me arrastré a la orilla
y sólo algún huesito celebra en mí ese aniversario.
Salté de mi pellejo, perdí vértebras y piernas,
me alejé de mis sentidos muchísimas veces.
Desde hace mucho cerré mi tercer ojo ante todo esto,
me despedí de todo con la aleta, me encogí de ramas.

Se esfumó, se perdió, se dispersó a los cuatro vientos.
Yo misma me sorprendo de mí misma, de lo poco que quedó
de mí:
un individuo aislado, del género humano por ahora,
que sólo perdió su paraguas ayer en el tranvía.

De "Si acaso" 1978
Versión de Gerardo Beltrán

Alguén falará de nosoutras cando teñamos morto



Chégame a gaceta da Arboleda cunha reseña ó traballo da historiadora americana Max Dashu , quen funda nos anos 70 o "Arquivo de Historias Suprimidas". Uhna colección de textos e imaxes sobre a muller na historia, a arqueoloxía, as tradicións da Deusa, sacerdotisas e chamanas, sobre a domesticación do corpo feminino, o racismo e a ocultación das mulleres.
Moi recomendable a web www.maxdashu.net / www.suppressedhistories.net

Outra reseña interesante é a presenza en Barcelona de Starhawk, unha das voces máis respectadas da espiritualidade feminina vencellada á Terra, autora, entre outras moitas publicacións, da novela ecolóxica, The Five Sacred Thing, clásica xa neste xénero. Traballou ó lado de Donna Read na realización da triloxía fílmica coñecida como "A Espiritualidade das mulleres". As dúas fundan a súa propria empresa cinematográfica: Belili Productions e no 2004 realiza o seu primeiro documental sobre a erudita arqueóloga Marija Gimbutas, estudiosa dos cultos á Deusa na vella Europa.

martes, 30 de diciembre de 2008

Freddie Hubbard

Cantas noites de verán no Parque S. Lázaro, cantas evocacións...

domingo, 28 de diciembre de 2008

Señores purpurados

Foto: Antonina

El obispo de Almería, Adolfo González Montes, por su parte, achaca al relativismo moral y a la ideología de género la actual «desfiguración» que sufre esta institución. Así, en su carta pastoral de esta semana alerta que «el relativismo moral que nos acosa descalifica la realidad natural, social y jurídica de la familia como si una institución atrasada se tratase», mientras que la ideología de género «reivindica con gran beligerancia que la sexualidad ha de tener la orientación que cada cual elija sin prejuicios».
ABC (28-12-08)
Alicia pregunta e o gato de Cheshaire contesta: Quen ten o poder, ese é o dono das palabras.
Non me resisto a facer unha entrada sobre as declaracións dos bispos neste día no que utilizan todo a súa capacidade de convocatoria para, unha vez máis, sacar á xente á rúa e tentar de impor o seus conceptos fundamentalistas de como se ten que organizar a sociedade.
Señores bispos ¿que entenden vostedes por familia?
A familia:
a) Unidade de producción económica no que o home realiza o traballo e a muller fai o cuidado.
b) Unidade de consumo.
c) Unidade de reproducción da especie na que o control da natalidade é intolerante coa muller e permisiva, no contro sexual, co home.
d) Unidade de refuxio de afectividade e seguridade que o patriarcado convirte en escola de doma e aprendizaxe dos roles de xénero que a nai transmite.
Estes son ós matices que o binomio patriarcado- Igrexa que vostedes manexan , propoñen como familia, sen ter en conta a evolución do modelo social ó longo desta últimas décadas.
a) As parellas de feito, as persoas que viven soas, as parellas de gais, a legalización do matrimonio homosexual, as nais que cuidan soas da prole e máis os anciáns que teñen ó seu cargo....
b) A caída da taxa de natalidade e o retraso na maternidade, causas que entre outras son debidas ós gastos que supón afrontar a vida dun fillo, as dificultades da crianza nun contexto de incorporación da muller ó traballo, o aumento das expectativas de vida.
c) O estado do benestar que intenta substituir, mediante prestacións sociais, as labores femininas.
d) A revolución tecnolóxica e a primacía do individuo fronte o suxeito.
Pola miña parte. purpurados señores, prefiro unha alternativa, hoxe por hoxe utópica, que podería ser chamada "célula básica de convivencia".
Esta sería unha forma de convivencia libre baseada nos afectos, na que o traballo que conleve estaría repartido igualitariamente segundo as necesidades dos seus compoñentes. Estos terían independencia económica, as súas relacións estarían afianzadas no respecto mútuo e permitiría o desenvolvemento integral de cada un/a dos seus membros que, en ningún caso estarían na obriga de reproducirse.
Non tería porque haber un único modelo e, por suposto o Estado debería manterse á marxe e non propor ningún.
Xa vai sendo hora de porse a pensalo, de escribilo, de visualizalo como posible. Éís como se constrúen mundos, eís como se constrúe a cultura.

sábado, 27 de diciembre de 2008

Noiteboas

Foto: Luís Vence

Uhna xa está afeita a soedade, xa teño pasado moitas noiteboas e noitemalas soa.
Lembro a primera vez. Un tremer se me anicaba no peito, e ó mesmo tempo unha emoción descoñecida facía que me sentise ben, era a proba, unha máis, para afacerme dunha vez por todas a verdadera realidade desta existencia. O lume aceso, a música, Felisa, a miña gata, a cociña, na que fixen deliciosos postres e un par de copas de bo viño foron os elementos que enchían esa intimidade, na que a pesares das moitas ausencias, do moito desamor, acabei aceptando de bo gusto.
O tempo das esixencias á vida, do sofrimento gratuito, pasaba. Era como unha liberación sentirme despoxada deses vellos sentimientos que nos atan. Comprendín dunha vez por todas que o desapego era o karma que debería aceptar. Foron, son tantas as leccións nese sentido que a aceptación da vida, como me vai vindo é o que conforma hoxe a miña filosofía vital.
Na aldea por estas datas sempre vai moito frío e a xeada é todo un espectáculo de brillos e as estrelas relocen coma nunca. Alí o tempo non ten reloxos e sobran os neóns. Nos soutos os xabaríns e os esquíos teñen un festín de castañas e as landras abondan polos camiños. As corzas baixan á ribeira e os teixugos agabean polos montiños. Un belén espectacular para vivir o solsticio de inverno como a oportunidade cíclica de medrar cara adentro, atizar a chama e renacer.