domingo, 26 de febrero de 2012

Marilyn

Il n'aurait fallu

 
Il n'aurait fallu
Qu'un moment de plus
Pour que la mort vienne
Mais une main nue
Alors est venue
Qui a pris la mienne

Qui donc a rendu
Leurs couleurs perdues
Aux jours aux semaines
Sa réalité
A l'immense été
Des choses humaines

Moi qui frémissais
Toujours je ne sais
De quelle colère
Deux bras ont suffi
Pour faire à ma vie
Un grand collier d'air

Rien qu'un mouvement
Ce geste en dormant
Léger qui me frôle
Un souffle posé
Moins une rosée
Contre mon épaule

Un front qui s'appuie
A moi dans la nuit
Deux grands yeux ouverts
Et tout m'a semblé
Comme un champ de blé
Dans cet univers

Un tendre jardin
Dans l'herbe où soudain
La verveine pousse
Et mon coeur défunt
Renaît au parfum
Qui fait l'ombre douce

Il n'aurait fallu
Qu'un moment de plus
Pour que la mort vienne
Mais une main nue
Alors est venue
Qui a pris la mienne

Paroles: Louis Aragon. Musique: Léo Ferré 1961 "Les chansons d'Aragon chantées par Léo Ferré" © Barclay

viernes, 27 de enero de 2012

O lume das Mulleres. Candeloria 2012


Iluminamos o lume das Mulleres polo ben de todos os seres sentintes e pola nai Terra. Velaremos este lume coma gardiás, con amor e consciencia, e renovaremos a súa forza todos os anos en cada Candeloria.
O lume das Mulleres do ano 2012 estará adicado á sandación do masculino planetario.

Adicamos este lume para que todos os homes do planeta esperten á consciencia de paz e de unidade e se poñan en marcha para sandar ao mundo.
Adicamos esta chama á sandación das imáxes arquetípicas do eterno masculino que habitan no inconsciente de cada muller. Para que as mulleres aprendamos a educar aos nenos para que sexan homes cabais e amorosos. Para a sandación das relacións entre homes e mulleres.
Ofrendamos este lume para axudar e protexer no seu camiño aos homes que xa están traballando pola Terra e a Tribu, que honran o feminino e coidan da vida. Somos conscientes de que sen vós endexamáis podería sandar o feminino planetario, gracias compañeiros.
Que esta cálida luz acompañe en toda circunstancia aos nosos fillos, pais, avós, irmáns, esposos, netos, sobriños, afillados, noivos, amantes, compañeiros, amigos…
Polas 7 próximas xeneracións.
Por todas nosas relacións.

A PLEGARIA DO LUME DAS MULLERES
(texto de Marianna García Legar)
Este  é o  lume das mulleres.
O lume que ilumina e espanta as tebras da noite e os seus perigos.
O lume que quenta ao noso pobo e sempre se ofrece como abrigo.
O lume que cociña a provisión infinda de alimento para todos os seres.
O lume que deu oriXe á palabra fogar.

Este é o lume feminino, Fillo da Madeira e neto das Fragas.
O lume da transmutación, que todo o transforma.

A súas chamas son a cabeleira de Brigid alonxando os medos co poder da súa frecha flamíxera.
A súa luz é a presenza de Nosa Señora a Candeloria derramando esperanza.
O seu lume é a fouce radiante de Mari cortando a ignorancia que sustenta as guerras.
Este lume protexe da destrucción do fogo e os seus perigos.
Este lume é a nai dos lumes da rolda do ano.

Este é o lume das mulleres.
O lume onde estamos velando polos nenos e nenas dos tempos futuros.
A chama da benzón de todas as mulleres que están abrazando ao mundo
levando amor e sanación aos seres doentes e enfermos.

Esta fogueira é a alquimia sagrada feminina iluminando á familia humana,
sandando para sempre as visións erróneas,
realizando espontáneamente e sen esforzo todos os bos propósitos.

Este é o lume onde oramos polos homes,
a outra metade da familia humana, carne da nosa carne e luz dos nosos ollos.
Para que eles poidan manifestar xunguidos a fermosa nobleza masculina
protexendo e honrando á familia humana e á Terra.

Este é o lume das mulleres.
A fogueira onde queimaron ás nosas yayas vellas e a os avós que as acompañaban.
Nas nosas linguas hoxe falan as voces ancestrais.
Polo ben dos seres ofrendamos as súas mortes, así como ofrendamos
a vida renovada que nace en cada Candeloria.

Que a súa calor sustente a vida da Tribu
que o seu poder restaure a saúde da Terra.

jueves, 5 de enero de 2012

Decisión

Cambiar o "foi" por "o que quixen ser".
Retornar a capturar o que foi: O amor ao efectúado.
Non pensala, a posteriori se explíca. A decisión se toma!

martes, 3 de enero de 2012

miércoles, 28 de diciembre de 2011

Houbese querido máis que isto, e a vez... nada!

NUIT DU COEUR
Otoño en el azul de un muro: sé amparo de las pequeñas muertas.
Cada noche, en la duración de un grito, viene una sombra nueva. A solas danza la misteriosa autónoma. Comparto su miedo de animal muy joven en la primera noche de las cacerías.

viernes, 23 de diciembre de 2011

Din don dan!


Hay uns anos escollín este poema para estas datas, hoxe encontreino na voz de Chicho Sánchez Ferlosio.
BOAS FESTAS!

miércoles, 9 de noviembre de 2011

Outono

Bimbios. O Pereiro

Mazaira brava. Eiradela

Composición

Carballo. Luíntra

Sinais. Costa de Espiñas

Cogordo. A Seara

martes, 1 de noviembre de 2011

Demeter e Perséfone

 Deméter a Dadora de Vida  e Dispensadora da Morte cíclica.
Ela é o útero e a súa filla Perséfone é a Doncela do Renacemento e a Rexeneración indentificada coa lúa, a primavera, as serpes e o Mundo Subterráneo.

Esta Gran Deusa, desdobrada en dous ou tres aspectos, representa o poder sustentador da vida presente nas  forzas e enerxías da Terra, cos seus florecimentos e repregues estacionais, que influían na vida das persoas e nas súas formas culturais.

 En Perséfone temos á ancestral deusa que descende ao Mundo Subterráneo actuando de redentora ou resurrectora; un rol mítico tamén característico en Inanna, Ishtar e Isis. A Gran Deusa enxendra non só fillas divinas senón tamén fillos e amantes-consortes identificados co potencial da vexetación, o cereal e o renacemento cíclico. Dentro dos Misterios de Eleusis está o culto de Dioniso, deus dos novos brotes e arquetipo masculino, e o de Adonis como amante de Perséfone-Afrodita para celebrar eo "hierosgamos" a unión sexual sagrada da parella divina.

Como Deusa Nai, Deméter enxendra a súa filla xunto coa creación simbolizada na primavera. Ambalasduas viven xuntas e poñen en marcha os ciclos da vida cósmica, vexetal, animal e humana. A filla é iniciada pola Nai pero a medida que crece e madura, comeza a alonxarse dela. Percorre distintos lugares animando a creación e por onde ela camiñaa todo crece e florece.

Un día escoita uns lamentos que proveñen do fondo dunha cova, encende unha antorcha e descende ao Mundo Subterráneo dos Mortos. Cando estes ven a luz alégranse coa presencia da xoven deusa e encontran nela a esperanza do renacemento, ela será a súa raíña-sacerdotisa  e lles ofrendará o froito da Árbore da Vida: a granada. Neste ámbito trae o outono e comeza o  cíclo,  permitindo á natureza e aos seres vivintes despoxarse do vello. Un proceso tamén vivido polas almas dos mortos ás que Perséfone está iniciando para o seu ingreso noutra forma de vida. Demeter, pola súa parte, reprégase e, en ausencia da filla, asume a faz de Hécate, deusa outonal e invernal da terra e das encrucilladas. E neste sentido, non é a nai atormentada pola perda, senón a Anciá Sabia  que oculta as raíces e as herbas curativas debaixo da terra e dentro das covas onde a vida se refuxia ata que o ciclo de vida se complete.
Esta retracción da Nai, e o descenso da filla é a manifestación da Deusa como a "Tomadora de Todo", a dispensadora da "morte temporal", que resgarda no fondo de cada ser vivo a chama da vida en estado de latencia e espectación, coma o grao de cereal, morto durminte, en espera de ser aventado e resucitar nunha nova planta.
Co retorno da primavera a filla emerxe e a Nai volta a poboar o mundo. A vida durminte nace sobre a terra: as femias paren, as plantas florecen...a natureza renóvase e hai festas, alegría e esperanzas compartidas.

O mito ancestral da transformación cíclica de Inanna e Dumuzi; Ishtar e Tamuz; Isis e Osiris como así tamén os cultos do folklore pagano europeo estudado por Sir James Frazer en "A Rama Dourada" seguen o mesmo patrón arquetípico de Démeter e Perséfone. Pola súa parte, os evanxelistas rodearon a figura de Xesús coas metáforas sagradas do mito matrístico para predicar a morte e resurrección do fillo divino identificado co grao de trigo e así difundir unha nova relixión sen a Deusa Nai.