martes, 27 de enero de 2009

Auga

Vés a modo e transparente,

nunha ledicia de música e risas,

atravesándome, espertándome desta estiaxe.

Como presentida, amiga, vés

xogando cos espellos do placer,

natureza e vida.

E bebo.

E o meu ser de auga asoma entre cortinas de chuvia,

para ofrecerse ós teus ollos chispeantes de sol.

Vés polo cauce antergo que xunguía os nosos leitos.

Como predestinada, amiga,

con tenrura inmensa chegas

e me mollas a boca

para que lle nazan flores sen tempo.

Vés estendéndote toda por min,

e moi suavemente me atravesas,

enchéndome de rosas frescas,

e de algas,

e de peixes saltadores.

Vés adentrándote,

con ese teus dedos de gotas que sinto só no momento de deixalos correr.



1 comentario:

Anónimo dijo...

FELICIDADES por o teu blog!!