sábado, 10 de enero de 2009

Manifestación en Ourense contra os ataques a Gaza


Manifestación en Ourense contra os ataques a Gaza. 18'30 horas. A comunidade islámica da cidade toma o protagonismo e decide o percorrido e as consignas: "Israel asesino, mata niños palestinos" "Israel, satanás, dejalos en paz". Non me sinto ben, non. Os nenos son escudos, satanás soáme a fundamentalismo, pero me quedo. Moito sangue derramado, si, en África tamén, coa violencia sexista tamén. Quédome e cóllome do brazo das amigas. Saúdo a Pilar Gato, a Merchita Pazos, a Carmiña Sueiro... está moita xente de esquerdas. Un cento apenas percorremos a rúa do paseo ata a Praza Maior ante a mirada dos comerciantes en rebaixas e as familias que pasean. Asáltame a dúbida e me sinto cun pé fóra e outro dentro ata o final.

No hay comentarios: