miércoles, 14 de enero de 2009

Ǿ Realidade

Imaxe fractal
Sen pretender meterme nas tortuosas andanzas da verdade e a realidade, hoxe deuseme por matinar nesa actitude tan humana de negar a realidade.
Certo que a verdade non sempre é a realidade, se non o consenso que se fai dela, non importa que algo sexa certo ou non, o importante é que coincida cos ideais do poder, da cultura, do futuro…
Dicimos “non, iso non é “ e temos todo o dereito se iso nos proporciona goce. Non nos idenficamos cunha determinada realidade e é esa actitude constitúe a nosa propria verdade, a pesar das consecuencias.
Non podo evitar, aínda que non sexa este o momento máis oportuno, facer referencia a algo que sempre me sorprendeu e que recurrentemente volve ó meu pensamento en forma de pregunta sen resposta: ¿Sabían os xudeus, xitanos e outras víctimas do nazismo que viaxaban nos trens da morte, o destino que os agardaba? ¿Sospeitaríanno? ¿Negaríanse a a aceptar esa realidade?
E recurrentemente volto a pensar que sí que o sospeitarían, pero non quixeron aceptalo e volto a Freud: ¿O principio do pracer sublimando a realidade?

No hay comentarios: