lunes, 19 de enero de 2009

Argelino servidor de dos amos

Onte, no teatro Principal tivemos a oportunidade de ver “Argelino, servidor de dos amos” de man da compañía de teatro Animalario. Entradas a moi bo prezo para un espectáculo estupendo.
Inspirada en Arlecchino, servidor de dous amos, de Carlo Goldoni (do que se conmemora o terceiro aniversario do seu nacemento), e con todos os recursos da Comedia dell’Arte, pon en escena unha sátira que opina, dun xeito transgresor e provocativo, sobre a emigración, a familia burguesa, o matrimonio, os malos tratos, as relacións de poder… e non deixa indiferente. Hoxe, como no século XVIII, a sociedade segue a estar rexida pola desigualdade en función do xénero ou da camada social de pertenencia
Argelino, que ben podería ser un emigrante dos que aparecen nos xornais calquer día, é interpretado por Javier Gutierrez a fume de carozo e cunha chispa especial que por veces conxela a risa e outras faina estourar de humor negro. O momento no que intenta pegar unha carta con miga de pan que se traga da fame que ten, ou no que se come a sí mesmo son gags rotundos.
Dirixido por Andrés Lima sobre unha versión de Alberto San Juan, o espectáculo, mostra a través dos seus oito actos, un ritmo trepidante nun espacio escénico no que as portas, dun falso exterior, ábrense e péchanse sen parar, para que os actores e actrices, coma se dun coro se tratara, mostren a impecable calidade das súas interpretacións.
Sei que estiveron no Festival de Teatro de Ribadavia con Últimas palabras de Copito de Nieve, pero é a primeira vez que os vexo en directo. Hai un par de anos ou tres (!¡) unha amiga deleitoume polo cumple cun dvd coa gravación de Alejandro y Ana, foi cando os coñecín. ¡Que volten!

No hay comentarios: