jueves, 8 de enero de 2009

A chama


Asisitida pola miña alma antiga, pola miña alma primeira ó fin recobrada, e por tanto tempo perdida. Ela, a perdidiza, ó fin voltou por mín. E entón comprendín que ela fora a namorada. E eu pasara pola vida tan só de paso, lonxana de mín mesma. E dela viñan as palabras sen dono que todos bebían sen deixarme apenas nada a cambio. Eu era a voz desa antiga alma. E ela, a medida que consumaba o seu amor, alá, onde eu non podía vela; íame iniciando a través da dor do abandono. Por iso ninguén podía amarme mentras eu ía sabendo do amor. E eu mesma tampouco amaba. Só una noite ata a alba. E alí quedei agardando. Acordaba coa aurora, se é que durmira. E cría que xa había chegar, eu, ela, el... Saía o Sol e o día caía coma unha condena sobre mín. Non, non aínda

Zambrano, M.: Diotima de Mantinea, en Hacia un saber sobre el alma, Madrid, Ed. Alianza, 1989, p. 197

No hay comentarios: