lunes, 4 de octubre de 2010
Greguerías 1
jueves, 23 de septiembre de 2010
Esprito de Auga
Espello, simetría entre o interior e o exterior,
Bálsamo de luz líquida para o corazón escuro,
Materia xenerosa e permisiva de vida que das a todos os seres que de tí se nutren.
Maestro do desapego nas mans que so poden deixarte correr.
Materia que se adpta e flúe silenciosa, charlatána, cantareira, delicada.
Derramándote en mil regatos ou impetuoso e forte entre obstáculos que superas. Pero non es nada encorado, a liberdade é a esencia que mostras.
Lavas, limpas, purificas, arrastras.
A túa linguaxe é redonda en olas e ondas. É a música temperada, tempestuosa, rítmica, melódica...
Dulce de amor, salgado de lágrimas, eres a orixe de toda vida e o fluxo e o pracer da Nai que en ti manifesta fertilidade e ledicia: Éncheme da túa sagrada sensualidade!
Primoxénito, primixenio, dende a miña humildade e amor por ti quero a túa sanación.
Benzoado sexas! Aquí e agora decreto a túa sanación que é a miña propia.
domingo, 1 de noviembre de 2009
Noite de Defuntos
O vento rasga as nubes,
raspa as herbas do camposanto.
No centro, o círculo ancestral.
Ó sinal do oeste, lugar das augas,
das bágoas das mulleres: nubes de leite.
Enxaugues de panos en sal.
Ó sinal do leste, lugar dos ventos,
das flores, das gaitas,
da poesía: linguaxe dos paxaros.
Batallas floridas, grandezas da linaxe.
No sul de luz, lugar do lume,
das fogueiras, das piras
das lapas: purificación.
Icineración de antergas escuridades.
No norte, lugar da terra,
da abundancia, dos alimentos
da sabedoría: ágape nutricio.
Agradecimento da herdanza
Marchan as sombras
Polas quebradas da noite.
Camiñan pola ponte
que por esta noite se tende,
para iniciar o novo ciclo
de vida morte e vida
viernes, 23 de octubre de 2009
Haikus no Outono
sábado, 16 de mayo de 2009
Impacto
rasgou a xeada do mencer
cun impacto no corazón.
Naceu en Venus unha explosión,
alí onde se consuman os ritos da fragua,
e incendiouse a raíz Terra.
A pura vibración do silbo
ardendo na máis alta octava,
cos ollos presos na beleza
e no centro, equidistante ó desexo,
fundímonos con lumes vivos,
no núcleo de xeoda acrisolada
O silbo amor, que vibrou o aire que respiraba.
domingo, 29 de marzo de 2009
Río
O río, o meu río temido, o meu río amado que pasa e deixa trazos
xa sen muíños, sen menta e xitanos,
sen fonte, sen cheiro a lodo e medo, sen coiñal, sen caños.
Río de rápidos, remuíños e remansos.
De Pontes,
de paso.
De Toñito Patata, moreno de verde luna, de bronce esmaltado.
Río do primeiro amor e pedras planeando entre bicos con lingua e herba,
entre abrazos.
Río de Barra de Miño e barca de lúa chea rielando, de lameiro en lameiro
entre baños de noite e licor.
De sabas clareando.
De peixes.
sábado, 14 de febrero de 2009
Ollos de castiñeiro
Nestes ollos de mar e castiñeiro
non florecen mapoulas nen candea,
a penas luz, claror de lúa chea,
Sobre un mar, unha ardora de veleiro.
E aínda unha sombra, un amieiro
me revela o río, esta area,
vou pedirlle o vento que non lea
nas barcas desa pel o meu esteiro.
Lixeira nao non deixes marea,
souto luar en ondas te abanea,
estreladas aves, guían o roteiro.
Que o ar tatuome na pel auroras,
e confundida de min na miña ardora,
vestiume de nacar e de anceio.
viernes, 6 de febrero de 2009
As Tarefas de Heracles
Lavar con lama o deserto
e prantar luceiros na sombra,
percorrer os embigos da Terra,
e ancorarse ó seu corazón de cristal.
Espertar ós devas da Terra, durmidos baixo o asfalto,
replantar os musgos luminiscentes no interior das covas.
Lavar as aguas coa luz líquida do corazón dos cetáceos.
Atizar ó lume ós crisois
e ás fraguas das xeodas.
Guiar os ollos dos corazóns dos homes ás estrelas.
Botar bolboretas violetas ó ar
e limpar as azas polucionadas dos ánxeles.
Restituirlle á Deusa todo o amor violado,
e transmutar os suspiros das almas en aromas.
Romper a dor na raza dos homes,
e restaurar o reino da inocencia.
Engarzar os aneis da armonía
e facer con eles unha rede entre todos os seres.
Esparexer alento áurico que os traspase
e só entón, derramar o cáliz do amor.
Restaurar a maxia dos catro elementos
e que a súa sabedoría cósmica se instaure na Terra.
Durmir ó dragón con cantos de nai amorosa
e, cun carimbo dourado, selar a porta onde o mal mora.
lunes, 2 de febrero de 2009
martes, 27 de enero de 2009
Auga

Vés a modo e transparente,
nunha ledicia de música e risas,
atravesándome, espertándome desta estiaxe.
xogando cos espellos do placer,
natureza e vida.
para ofrecerse ós teus ollos chispeantes de sol.
Como predestinada, amiga,
con tenrura inmensa chegas
e me mollas a boca
para que lle nazan flores sen tempo.
e moi suavemente me atravesas,
enchéndome de rosas frescas,
e de algas,
e de peixes saltadores.
con ese teus dedos de gotas que sinto só no momento de deixalos correr.
domingo, 11 de enero de 2009
Amigas
e rimos e nos encendemos todas,
na paixón do verbo lúcido,
no espazo eterno,
no tempo maduro.
sen trampas.
Xuntas, xa tarde bebemos o licor da amizade
feito de amor e ironía:
Este de ruda contra envexa,
este de café contra o tedio,
este de laranxa contra a tristeza.
a textura do arroz con leite era a tal.
E nos abrazamos no adeus.
E nos miramos ós ollos.
nas que o tempo traza sucos de vida.
glicinia no curro de Temi (foto Selina)
miércoles, 7 de enero de 2009
O Vento e o Silencio

O peso do corpo sen mente que o mova.
O vento e o silencio
E o cemiterio.
As vivúvas camiñan pola carretera
Regulamente.
Unha raiola de sol sobre a montaña ferida.
As fouces sen gume durmen no curral grande,
As gadañas sen cravuñar penduran das trabes.
Os poucos homes bébedos anícanse,
Escóndense no fume do bar
E berran e maldicen e blasfeman sen mirar as estrelas.
Ladran os cans
Eternamente.
A aldea durme,
A cidade durme.
O vento e o silencio campan neste mundo meu.
Unha voz chegou,
Unha voz telúrica,
Temporal,
Porondandabas?
Busqueite no google.
Erásme descoñecido
Erásme descoñecido moi eduacado e protocolario
Ensaiado en Tubinga e nos paraninfos das universidades.
Busqueite na luz deses ollos teus...
O vento e o silencio,
E as horas.
Cantar ese alem mudo.
Polo Portomuíño andaban os cans e as casadas
Endomingadas para que as viran os coches
Intermitentemente.
Aquí non hai arte só os farallóns das penas de Pedome
Que tamén están no google earth
E os lobos que non saben fonética,
Tamén estan os merlos
E os pobres raposos tan citados nos xornáis.
Aquí non hai arte, só silveiras que medran e medran.
Aquí non se cita a ninguén
Só o vento e o silencio que penetran polo Sil,
Enfiando polo Canón,
Rañando Gándaras,
Dando a volta polo Retorniño,
Remuiñando na Albariza do Vello,
Remansando no Chan de San Silgo.
Xa hai tempo que non prendo o lume
Góstame ver durmir a leña
E ós gatos anicarse nela.
Xa hai meses que no se escoita a curuxa
Que antes viña ó balcón
Só o vento e o silencio.
domingo, 21 de diciembre de 2008
Poemas de inverno

A auga xeou na fonte.
Xa non voa o gavián,
impóluto signo libre, no vento.
Xa a dozura do mel
callou na noite.
Xa os meus ollos secaron co frío.
Xa a coruxa se agacha
nos lugares máis íntimos do bosque,
e o alento dos bosques enmudece.
Os trisqueis poñen ollos á fiestra da noite,
e nos panos de luz
que a lúa deita na montaña,
escintilan estrelas de xeada
tan frías coma as túas mans.

Cando acontece a sombra, rascan na porta as ramas de romeu e ruda en escarcha, e asoma a alma das amanitas.
Ispome entón e luzco o brillo do acibeche, resina pura de noite pecha.
O arco de Orión tensándose na bóveda do peito.
Abrénse tódalas lagoas ó ceo, coma ollos , coma espellos de estrelas.
Levo dornas cheas, adéntrome cantando en ardoras.
Ondas de seda abanean a lúa en escuros agarimos de silencios.
Nos soutos, as sombras dos castiñeiros xúntanse todas e, coma un río, escorregan cara a algún lugar, no profundo da terra.
martes, 30 de septiembre de 2008
Dona do Outono
en lúa cara adentro,
caracola
de ruda e sabedoría coroada,
a beber rubies e saivas
e corolas que secas
e estañas.
Xa non percuras camiños,
e acaricias sen tocala
a vida enteira,
pechando o ciclo,
Dona da Pousada