martes, 25 de agosto de 2009

Isis e Osiris


Videos tu.tv


Interesante vídeo que me atopei navegando, ao final semella un pouco publicitario da masonería, pero decidín insertalo polo que ten de interpretación mitolóxica. Sirio, Isis, María...?

domingo, 23 de agosto de 2009

Domingo

let yourself feel. from Esteban Diácono on Vimeo.



Os visillos do salón ínflanse coma velas dun veleiro.Corre brisa. Co balcón aberto escoitase o ruído leve dun mediodía de domingo na cidade. Nada que facer, só estar e respirar. Así.

martes, 18 de agosto de 2009

Cabodano

María (foto: Selina)

Hoxe hai dous anos que tre fuches, María, miña nai... desconcertada e sempre perdida nun remuíño de amor.

domingo, 16 de agosto de 2009

Naranjas de la China

video
SOY UNA MUJER FELIZ!!!!!

Como todos os anos o poder de convocatoria e a increible hospitalidade de Sonia e Perolo, congregaron na súa casa de Lira , desta vez a 80 persoas, na festa que ven sendo tradicional dende o 2003, fatídico ano do afundamento do Prestige. A ela veñen sempre un grupo de mulleres catalanas que organizaron, daquela, as comidas para o voluntariado que traballou, sacando chapapote, na praia da Carnota. Entre elas Montse e Titina que combinan os fogóns coa música e que baixo o nome de Naranjas de la China poñen en escena un divertido espectáculo cun repertorio de cancións que nos contan, con moita ironía, un mundo visto con mirada violeta.
Estes son dous malos vídeos das fantásticas Naranajas de la China. Neste segundo acompañadas por Nico.

video
REINA POR UN DÍA

lunes, 10 de agosto de 2009

Gaia María Mater Amantísima

Espertar no altar da lúa (foto Selina)
Altar da lúa, elemento Terra (foto Selina)
Altar da lúa, elemento aire, foto Selina
Acudindo á chamada da caracola (fot0 Selina)
Bautismo (foto Selina)

Bañeime coa túa luz, raíña da noite, poderosa lúa chea
e recibín engados de beleza e xuventude eternas
Regina Dei
Na noite acudín a tí, avó de sabedoría, no bosque sagrado
e no máis profundo da noite templachesme o corazón
no crisol da Terra
Mater Amantísima
Acudín á chamada da caracola, son que conmove
e na fervenza que desmelena a pureza, o meu ser de auga consagrouse a tí
Especulum Vitae
Xuntei, coas irmás leña seca, invocando as Ancestras, potencia do lume
e ó redor da fogueira, aviviei a chama da paixon espiritual que me consume.
Flanma Sacra
E voltei ó mundo plena de beleza, amor e armonía, limpa e pura como saín do teu ventre o primeiro día que vin a luz

martes, 4 de agosto de 2009

Románico lucense na Ribeira Sacra

As Bernardas de Pantón

Detalle dun capitel do Ábside
Veu Feliciano (aínda que el se empeña en dicir que Feliciano xa morreu). A nosa amizade é un milagro marabillosos, un regalo da vida. Veu a pasar uns días conmigo antes de coller o avión cara Florencia para facer un deses viaxes que cada ano lle regala ó seu fillo. Quixen sorprendelo e planeei un roteiro polo románico da Ribeira Sacra luguesa.
Saímos tarde da casa. Retrasámonos por causa dun desaiuno copioso no que nos entretivemos en contarnos os soños e falar sen prisas da chea de cousas que tiñamos que contarnos despois de tanto tempo se vermonos.
Chegamos a Pantón e alí visitamos Santa María, o mosteiro cisterciense das Bernardas. Fomos todo o camiño falando do odio que Bernardo de Claraval lle tiña a Abelardo e da terrible historia de Abelardo e Eloísa. Os dous nos preguntamos como a ninguén se lle ocurrira facer unha película sobre unha historia tan apaixoante. Toda a viaxe a sombra deses dous amores contrariados planearía sobre a nosa imaxinación na que Abelardo tiña xa a cara de Malcovich.
Comimos en Monforte e descansamos nas verdes ribeiras do Cabe. A nosa seguinte visita sería San Paio de Diomondi que nos sorprendeu pola súa verticalidade e polas súas feituras moi sellemantes as de San Estevo de Ribas de Miño.

Capiteis de San Paio de Diomondi
Eu xa visitara hai moitos anos Santa María de Seteventos e quedara sorprendida dos frescos descubertos no arco que separa o altar: un xuicio final aterrador. Tiña moitas ganas de voltar a velo. Así que nos encamiñamos a Escairón que estaba en festas. Como sabía que a eirexiña estaba pechada, preguntamos no Círculo, onde nos informaron que tiñamos que ir a buscar ó párroco D. Ramón á casa Rectoral. D. Ramón, amablemente nos acompañou ata alí e abriunos a capela. As pinturas volveron a impresionarme e non parei de facerlles fotos nos escasos dez minutos que o cura nos deu para facer a visita, tiña misa nunha parroquia próxima e eránlle horas.


Detalle claramente misóxeno dos frescos de Seteventos

Outro dos pecados capitais do Inferno en Seteventos

Voltamos de novo a Pantón, quería que Feliciano vise San Miguel de Eiré e San Fiz de Cangas. Da primeira conservaba o recordo do aximéz e dos frescos. É unha igrexa románica da segunda metade do século XII e está declarada monumento nacional. É unha beleza. Conseguimos que un señor dunha casa próxima nos abrira e, despois de disfrutar dos canecillos do exterior e dos excepcionais capiteis das columnas do abside, entramos pola porta norte, duna delicadeza decorativa digna de admirar. Feliciano seguía empeñado en que a iconografía do Pantocrator non podía representar as chagas da pasión de Cristo, que si era o pai non podía ser o fillo. En fin, eu o tiña claro, porque ademáis este estaba na Améndoa Mística (eu e as miñas lecturas de imaxe con gafas violeta).

San Miguel de Eiré
Capitel da columna central do ábside: Os cinco cabalos do Apocalipse

Porta norte co Agnus Dei e 11 rosas

Pantocrator na Améndoa Mística

Fotos Selina

sábado, 1 de agosto de 2009

Despedida



Despedíronse na esquina. O vento abaneaba as persianas e secaba as rúas molladas da tormenta vespertina, coma a soedade seca os corazóns. A soedade tecida no máis intimo do medo. Do medo disfrazado de ser ferido.
Coma un paxaro que fai o niño cos cabelos que se van perdendo, quedaríalles na boca o sabor doceamargo da resignación.