Hai un canal na dixital terrestre: TCM ó que recurro para alimentar este vicio meu polo cine. Resulta moi agradable tumbarse no sofá a típica tarde de domingo de climatoloxía enrabechada e ver boas pelis, envolta na mantiña rosa que me botaron os reis, sen publicidade, sen ninguén que moleste.Foi así como o outro día vin Malas Tierras, unha película realizada en 1973 por Terence Malick e interpretada por un Martin Sheen moi xoven, con moito parecido a Jeams Deen e pola pelirroxa Sisy Spacek.
Malas Tierras é unha desas películas clásicas do cine americano que eu chamo “especial”. Malick coma Saylles é un deses directores que tenta afastarse da corrente do gusto maioritario do público da súa época, fuxindo de convencionalismos e mantendo unha distancia sobre o narrado que en ningún momento rompe a empatía polos personaxes que describe. Neste caso, Malick consígueo a base de longos planos que inducen á racionalidade nun argumento que aposta pola naturalidade na conquista dun paraiso perdido.
Unha road movie na que o destino dos personaxes vaise trazando nas consecuencias dos seus “inocentes” crimes, na que os espazos de liberdade se viven na beleza, non recreada, dunha natureza allea ó acontecer, na que a soedade da parella, polas inmensas chairas de Dakota augura o final tráxico e esperado. Porque o paradiso xa está perdido e todo intento de recuperalo é unha loita imposible.








Chegoume hoxe un mail vía Montse (Naranjas de la China) no que se fala dos “Genpets”, mascotas xeneticamente modificadas fabricadas pola empresa BioGénica. Véndense envoltas en plástico en estado de hibernación alimentadas por nutrintes e drogas que a propia empresa fabrica. Polo visto as drogas modifican a personalidade da mascota.
Parece ser que esta condea ó ostracismo informativo foi o seu valente discurso fronte a importantes personalidades do mundo da política e os medios:

