viernes, 22 de mayo de 2009

Aínda estaba alí

Imaxe: Floriana Barbu

Descubriuno acubillado entre as sabas, da súa beira, nun bulto negro, imperceptible, pero que cada vez que facía a cama, non se sabía moi ben por que a roupa no sentaba ben dese lado. E estaba alí, creíao morto, pero estaba vivo aínda. Moi vello, moi feble, e unha compasión inmensa encheu o seu corazón.

Asomaba a cabeza espertando dun profundo soño. Ignorado tanto tempo! E o velo baixou correndo a cociña para levarlle algo de leite, algo que o reanimara e acariñouno.

Sin pensalo un só segundo sacouno de alí. Case non lle pesaba, e inventou unha habitación con bo leito, para que repousara e se repuxera. E alí alimentouno cos poucos alimentos que lle quedaban.

Sacouno do seu leito, amor. Por fin sentiuse libre.

sábado, 16 de mayo de 2009

Impacto

foto: Sara Ramo

A pura vibración do silbo
rasgou a xeada do mencer
cun impacto no corazón.

Naceu en Venus unha explosión,
alí onde se consuman os ritos da fragua,
e incendiouse a raíz Terra.

A pura vibración do silbo
ardendo na máis alta octava,
cos ollos presos na beleza
e no centro, equidistante ó desexo,
fundímonos con lumes vivos,
no núcleo de xeoda acrisolada

O silbo amor, que vibrou o aire que respiraba.

viernes, 15 de mayo de 2009

El misterio de la flor

Fotos: Selina

Criatura del aire como palabra leve que se quedó así, en un punto que dándose de tan múltiples maneras, habla de la identidad indivisa. (...) Toda distinción, pues está en su origen al que permanecen ellas apegadas, sujetas, eso sí, sujetas a perecer un día por la acción de la "inclemencia" de los elementos y del trato humano, y del animal que la suele ver para devorarla, del hombre para arrancarla, sentenciada ya, aúnque la sentencia no se cumpla, a la violencia, expuesta al rigor de la "Ley", esa ley que no aguarda a que llegue la muerte para arrancar la vida, sustrayendo así a la par la muerte y su acción y a la vida su vuelo. La inclemencia adversa al soplo y a cualquier otro don de la clemencia.


M. Zambrano: El misterio de la flor, en DE LA AURORA
Ed.Tabla Rasa, 2004

lunes, 11 de mayo de 2009

O as na manga


Xa sabíamos dela e do seu premio Nóbel en fisioloxía e mediciña, no ano 1983, gracias as invesigacións que a levaron ó descubremento do factor nervioso do crecemento. Esta muller feminista afirma que os males da humanidade veñen do dominio do sístema límbico- hedónico, no que se aloxan as estructuras que rixen as pasións e as emocións, moi necesario, por outra parte para a continuidade da especie.
A esperanza, polo tanto, na evolución dos seres humanos, está no neocortex, sistema que presenta máis plasticidade xa que foi evolucionando ó longo dos séculos. A neurobioloxía moderna demóstranos que os fenómenos de aprendizaxe conlevan cambios morfolóxicos, bioquímicos e moleculares a cargo de certo tipo de neuronas.
É esa capacidade plástica do sistema nervioso a encargada, os seus compoñentes non están fixados dun xeito irreversible a un programa xenético, senón que se a adaptan ós estímulos, e non só no periodo inicial da vida, senon tamén na fase senil. Perdemos neuronas, si, pero coa idade, as que quedan ramifícanse, utilizando circuítos neuronais alternativos. É este o pensamento forte deste libriño de divulgación que lín nesta fin de semana.
O libro, despois dunha pasada sobre o fío de Ariadna, que nos conducirá polos meandros do sistema nervioso, fai un colorario sobre a creatividade, confrontando a creatividade artística co descubremento científico, pasando logo a unha galería de persoas que demostraron a súa xenialidade ó longo da súa vida, como Miguel Ángel, Picasso ou Bertrand Rusell, entre outros.
O As na manga que nos propón a Levi Montalcini é a capacidade de utilizar as propias actividades mentais, psíquicas. sobre todo na fase senil. "No xogo a cartas tapadas da vida, para gañar na fase máis críta do home que é a vellez, o decisivo non é o truco ou a deslealdade do tahur, senon a capacidade de previsión e a habilidade para usar o raciocinio"

viernes, 1 de mayo de 2009

Se queres facer o amor, non fagas a guerra

Wangari Maathai, ecoloxista keniata

Unha brisiña de esperanza nesta noticia (clic) que escoitei onte no telediario. Bravo polas mulleres keniatas!
É un exemplo do que se pode facer para dar un paso adiante cara a evolución da conciencia humana.
Todo o meu amor para este xesto de valentía.

lunes, 27 de abril de 2009

Lémbrome de1974, ano da Revolución dos Cravos ( I I )


A Praça do Roçío empapelada de pasquíns revolucionarios e unha inmensa bandeira vermella coa fouce e o martelo colgando da sede do PCP, sería xa por sempre a imaxe que sempre acudiría a miña mente ó lembrame daqueles días. E a xente, campesiños, obreiros en paro e militares en manifestacións multitudinarias convocadas polo MFA.

Asistimos a unha reunión dun sindicato labrego no que se trataban cuestións sobre as expropiacións das terras. Ó saír invitáronos a cear na Alfama, na casa dnha xente do PRP e, con moita discreción, pasamos por un local ás aforas. Foron tantas as precaucións que cheguei a sospeitar que alí se cocía algo.

A cea foi moi frugal e humilde, unha pasta cociñada cun pouco de verduras. Despois de cear falamos moito da situación das colonias, das sopeitas de que Spínola estaba en relacións con Suráfrica para intervir en Angola. E, como non, púxeronnos ó tanto das manobras de Spínola no intento de contragolpe. Sospeitaban que a reacción e a Lexión Portuguesa puidesen entrar armados en Lisboa e confesáronnos que estaban preparados, que os soldados lles deran armas para defender as conquistas da Revolución.

Sentíamonos mergullados nas microfisuras da Historia, nas marxes do acontecer. Quixemos naquel momento quedarmonos en Lisboa. A xuventude que nos corría polas veas urxíanos a solidarizarnos e comprometernos máis a fondo con aquel proceso que nos marabillaba. De volta á casa, polas rúas da vella Alfama, escoitabamos o eco dos nosos pasos que soaban ó ritmo de Grándola Vila Morena.

De poucas cousas máis me lembro. Unha das tardes daquel frío outono, foramos ó cine. Había programa doble con dúas películas de cuño francés: "Mourrir a Madrid" de Federic Rossif e "Sweet Movie" de Dusan Makavejev.

Carteeime con Elisabeth un par de anos, a Seara Vermelha fracasara e ela voltara a EEUU.

Nós, a Madrid a seguir a loita contra o fascismo.



domingo, 26 de abril de 2009

Lémbrome de1974, o ano da Revolución dos Cravos ( I )


Falar da Revolución dos Cravos, para min é falar do Madrid de 1974. Eramos un grupo de amigos. Tiñamos en común o ser galegos e esa inquietude dos vinte anos. Compartíamos estudo e traballo e algúns militancia política e clandestinidade.

Os fins de semana, eu cociñaba para todos. Xúntabamonos na miña casa. Pola mañá, se xurdia o milagro e conseguíamos entrada, íamos ó concerto do Real. Lembro especialmente que foi nun destes concertos dominicais onde descubrin a Mhaler.

Polas tardes non faltaba programa e sempre quedaba darse unha volta polos colexios maiores do campus. O San Juan Evangelista, (San Xoan Marxista, que posteriormente pasarái a ser o Jhony) era o de mellor programación. Contaba daquela cun clube cultural excepcional.

Recordo con especial claridade o concerto de Paco de Lucía, a representación das obras “Quejío” e “Los Palos” polo grupo La Cuadra de Sevilla, ,dirixida por Salvador Távora, “La boda de los pequeños burgueses”de Bretch polos Goliardos, “Los insectos” de los hermanos Kepeck”ou o recital “Poetas de España” , polo grupo Agua Viva. Tamén o descubremento de películas, imposibles de ver en calquer sala comercial como a estrea en España da Viridiana de Buñuel, ou a triloxía de Bergman. Lembro as estreas da Nouvele Vage como “Cero en conducta”, “Atalante” de Jean Vigo, “El pequeño salvaje”, “Los cuatrocientos golpes” e “Jules y Jean” de Truffaut; o neorrealismo italiano co “El ladrón de bicicletas” de Vitorio de Sica, “ou as célebres “Mamma Roma”, “Pajaritos y pajarracos”, “Teorema”, etc. de Pier Paolo.

E, como non, o 25 de Abril.

O governo atrincherado no bunker con Arias Navarro no ministerio de governación era consciente dos movimentos que callarían na Xunta Democrática o una Plataforma de Converxencia Democrática co liderazgo doPCE na primeira e o PSOE na segunda.

E así cun Franco enfermo de flebitis, agardábamos cada día atopar nas portadas da prensa coa nova definitiva que non daba chegado.

Alghunas noites entresemana quedabamos a cear e seguíamos con inquedanza os intentos da dereita portuguesa de dar ó traste coas conquistas da Revolución dos Cravos. Vasco Gonçalves fora encarcelado e posto ás poucas horas el liberdade. Todos coincidíamos en que o que movía os fíos deste intento da contra era propio Spínola e doíanos a cegueira de Alvaro Cunhal. Vendo que as cousas se estaban poñendo feas, non quixemos perdernos o momento histórico e decidimos facer unha viaxe ó Portugal revolucionario antes de que todo cambiase definitivamente.

Si, tiñamos un contacto en Lisboa para durmir na casa duns militantes do PRP de Otelo Saraiba de Carbalho, eran unha parella de arquitectos, con eles tamén estaba un mozo inglés da IV Internacional, e alí tamén conhecimos a Elisabeth, unha americana que estaba traballando na cooperativa A Seara Vermelha.

Era moito para asimilar nas poucas horas que nos separaban do Madrid franquista que deixábamos atrás. Enterabamonos ó chegar que o Metro de Madrid estaba en folga.


viernes, 24 de abril de 2009

Janis Joplin - Cry Baby (live in toronto 1970)

Porque vives no meu costureiro
onde se mesturan os fíos de cores
cos que remendo túa memoria
único mito que me queda:
Janis