lunes, 11 de mayo de 2009

O as na manga


Xa sabíamos dela e do seu premio Nóbel en fisioloxía e mediciña, no ano 1983, gracias as invesigacións que a levaron ó descubremento do factor nervioso do crecemento. Esta muller feminista afirma que os males da humanidade veñen do dominio do sístema límbico- hedónico, no que se aloxan as estructuras que rixen as pasións e as emocións, moi necesario, por outra parte para a continuidade da especie.
A esperanza, polo tanto, na evolución dos seres humanos, está no neocortex, sistema que presenta máis plasticidade xa que foi evolucionando ó longo dos séculos. A neurobioloxía moderna demóstranos que os fenómenos de aprendizaxe conlevan cambios morfolóxicos, bioquímicos e moleculares a cargo de certo tipo de neuronas.
É esa capacidade plástica do sistema nervioso a encargada, os seus compoñentes non están fixados dun xeito irreversible a un programa xenético, senón que se a adaptan ós estímulos, e non só no periodo inicial da vida, senon tamén na fase senil. Perdemos neuronas, si, pero coa idade, as que quedan ramifícanse, utilizando circuítos neuronais alternativos. É este o pensamento forte deste libriño de divulgación que lín nesta fin de semana.
O libro, despois dunha pasada sobre o fío de Ariadna, que nos conducirá polos meandros do sistema nervioso, fai un colorario sobre a creatividade, confrontando a creatividade artística co descubremento científico, pasando logo a unha galería de persoas que demostraron a súa xenialidade ó longo da súa vida, como Miguel Ángel, Picasso ou Bertrand Rusell, entre outros.
O As na manga que nos propón a Levi Montalcini é a capacidade de utilizar as propias actividades mentais, psíquicas. sobre todo na fase senil. "No xogo a cartas tapadas da vida, para gañar na fase máis críta do home que é a vellez, o decisivo non é o truco ou a deslealdade do tahur, senon a capacidade de previsión e a habilidade para usar o raciocinio"

No hay comentarios: