sábado, 16 de mayo de 2009

Impacto

foto: Sara Ramo

A pura vibración do silbo
rasgou a xeada do mencer
cun impacto no corazón.

Naceu en Venus unha explosión,
alí onde se consuman os ritos da fragua,
e incendiouse a raíz Terra.

A pura vibración do silbo
ardendo na máis alta octava,
cos ollos presos na beleza
e no centro, equidistante ó desexo,
fundímonos con lumes vivos,
no núcleo de xeoda acrisolada

O silbo amor, que vibrou o aire que respiraba.

No hay comentarios: