domingo, 5 de abril de 2009

Mario

foto: Selina


Mario gostaba de ser admirado. Para elo facía grandes esforzos en inventarse a sí mesmo, non en proxectos vitais, si en fabularse.

Os amigos de sempre pasaban a un terceiro plano en canto aparecían forasteiros no seu horizonte vital ós que abraiaba cun verbo apaixoado e unha xesticulación seductora de home de mundo experimentado e ó mesmo tempo inocente, favores e demaís trampas cos que conseguía ser a estrela do momento.

Resultaba prodixioso velo transformarse en outro, ver as estratexias que urdía para que en ningún momento pudiesen ter contacto pasado e presente, para non coíncidir con ninguén que lle fixese sombra ante as novas relacións que manipulaba con destreza e das que el se sentía absolutamente posuídor.

Resultou moi embarazoso o funeral do seu irmán nos que un e outros opinaban del en termos completamente contradictorios. Curioso comprobar que a pesares diso nen uns nen outros facían nada por rebatir as opinión contrarias.

O seu halo de bondade, perfectamente estudada, blindabao e todos erámos conscientes que cada un de nós agachaba segredos inconfesables da súas vidas anteriores, polos que nos castigaba coa eliminación no trato, na mirada.

Obviando historia e vida compartida nos situaba nun esquinazo que xustificaba ante si mesmo, saíndo el victorioso e por riba do máis coherente e sabio. El era o mellor, necesitaba ese engano para non derrubarse.

No hay comentarios: