martes, 14 de abril de 2009

El Gran Torino ou Eastwood o tramposo


De novo Clint Eastwood, si. Discutín tanto con amigas e amigos que non tiven máis remedio que ir a vela, para poder desmontar ese sutil tinglado moral que este facha irredento propón sempre nos seus filmes. E non é que que engane a un público medio, non, mentes críticas caen como moscas nas trampas deste yankee depredador de patrias.
En primeiro lugar os malos non son os malos. As bandas callejeras de inmigrados son o lumpen social dun sistema que ou ben os condea a delincuencia de por vida ou os utiliza como carne de canón, se a coiuntura internacional se presenta favorable a intervencións USA no mundo.
Tao (atonTao) non ten outra saída, ó seu pesar decátase que o seu destino está trazado e cede ante o seu bautismo de lume: Roubar o gran Torino, pero aí está Kovalski para redimilo e de paso lavar a súa mala conciencia de pai, facendo por el o que non fixo por ningún dos seus fillos. É tal o empeño que pon, que o pateo que lle mete a un dos da banda fai que a súa encantadora irmá sexa violada. A verdade é que lle ten que estar agradecido. Pero como a Eastwood no lle vale con clavar a navalla se non que ten que retorcela, unha volta máis de parafuso guionístico nos leva á xustificación do final. El, o heroe Kovalski, enfermo terminal de cancro de pulmon se inmola para demostralle a todos que se ten que facer xustiza, meter os pobres pringados da banda na cadea e de paso ter un funeral comme il faut, con cadelito na eirexa, responsos e disertación do cura parróco loubando a súa digna vida.
En fin, Deus salve á sociedae do Rifle que das trampas de Harry el Sucio xa nos libramos nós.