sábado, 28 de febrero de 2009

A luz de Gándaras

Monte de Gándaras no que iberdrola pretende facer un pantano para turbinar a auga en caída libre ó Sil


Fun tocar o tambor, para ti, Gándaras. Cantei, non como a fervenza que te suca, cantei coma unha huz que te brotara.

Fun vibrar o tambor, para ti Gándaras, e a túa pel de séculos erizouse en carpazos floridos.

Conxurei ás ancestras que viron bailar o sol nos teus menceres de antano

Invoquei a protección do vento que de tanto amarte disolveu as túas aristas

Xunguime a ti na túa luz, coa miña luz.

2 comentarios:

ourensan@ dijo...

Aterrei no teu blog polo chou, por un comentario suprimido polo sempre escorregadizo filomeno2006. E quedei anclado, entrarei mais veces, como no bo sexo. Noraboa, polo sentido e sensibilidade.

Selina dijo...

Moitas grazas, sempre será ben recibido, ourensan@