sábado, 14 de febrero de 2009

Ollos de castiñeiro

Ribeira Sacra (foto:Selina)


Nestes ollos de mar e castiñeiro

non florecen mapoulas nen candea,

a penas luz, claror de lúa chea,

Sobre un mar, unha ardora de veleiro.


E aínda unha sombra, un amieiro

me revela o río, esta area,

vou pedirlle o vento que non lea

nas barcas desa pel o meu esteiro.


Lixeira nao non deixes marea,

souto luar en ondas te abanea,

estreladas aves, guían o roteiro.


Que o ar tatuome na pel auroras,

e confundida de min na miña ardora,

vestiume de nacar e de anceio.

No hay comentarios: