domingo, 14 de diciembre de 2008

O FORO SOCIAL GALEGO

Esther Ferrer "Euroretrato"

Pese o temporal, collín o coche e fun a Compostela, como non ir coa que está caendo. O tempo histórico que estamos a vivir é apaixoante. A crise danos esa portunidade única de reivindicar os dereitos colectivos dos pobos, de retomar o impulso dos movementos sociais aletargados ou masacrados, sin máis, polos partidos políticos que actúan neles como correa de transmisión dos seus intereses caducos.
Si, os partidos xa non valen para os obxectivos que foron creados, xa non son a ponte entre os intereses da cidadanía e as institucións que deberían representala.
Caéseme a alma ó chan cando vexo ó PSOE inxectar ós bancos capital xenerado cos esforzos dos contribuíntes.
Xa vemos como o neoliberalismo non asume o seu fracaso e os partidos están a axudar a prolongar a sua agonía.
É increible constatar como aparecen recursos para salvar un modelo neoliberal , como o gasto público se invirte en axudas ó sector financieiro, mentras os seus directivos o celebran en hoteis de 1000 euros a noite, gastando 10000 euros en bebidas, 23000 en coidados persoais.... (José Vidal Beneyto, "La desvergúenza del capitalismo", El País 22-11-o8)
¡Que hipocresía a do G-20 cando din que non se pode caer na tentación proteccionista! e vemos a Bush regalar millóns de dólares a industria automovilística americana.
Asistimos durante décadas a ilusión neoliberal "salvadora" do capitalismo (termo considerado caduco non hai moito), vendo que tal modelo é o modelo de crise permanente para os desfavorecidos.
Non quero nin pensalo, exemplos temos na historia recente de como as depresións económicas e o consecuente aumento do malestar social son o xerme do perigo fascista.

Hoxe fun ó kiosco un pouco tarde e xa se esgotara a prensa, non é que de moitas luces, senon to o contrario, pero non me extraña, cada día, dende os xornais saen a luz casos paradigmaticos deste chamado "capitalismo de casino". Véxase o caso Madoff como exemplo rotundo do esquema"ponci", da lexitimación da pillaxe social.

¿Que facer cando a hexemonía cultural das clases dominantes (voltar a Gramsci) domestica os desfavorecidos para que estos vivan como algo natural e conveniente o seu sometimento e en honor a intereses nacionais e patrios, e entreguan a súa soberania a este proxecto inxusto e desestructurante que impoñen os neocons? ¿Que, si o suxeito histórico non é un se non un plural de pobos indíxenas, mulleres, nacións...? ¿Como dar o paso á instancia política se os seus representantes xa non serven?

Pero non podenos desaproveitar a oportunidade que se nos brinda para crear un mundo máis xusto.
Estivo moi ben Beiras no plenario do sábado en Compostela: É hora de tecer alianzas ( podemos mirar o movimento feminista). É hora de transcender os intereses de grupo. Cómpre que os movementos sociais e os foros den o salto á política. En fin teremos que cambiar a metodoloxía e sobre todo a conciencia de que todos e todas somos necesarios, ninguén está demáis, ninguén sobra.

2 comentarios:

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.