lunes, 22 de diciembre de 2008

Matar a un ruiseñor


Leo na prensa que Robert Mulligan, director da fermosa película, falleceu o venres pasado. Tiña 83 anos. A noticia trouxome a memoria o momento dos meus 8 anos, cando a novela de Harper Lee caeu nas miñas mans(lía en secreto as novelas do meu irmán maior). Cando o lin encantoume, eu era Scott, identifiqueime con ela dende as primeiras páxinas (sempre quixen disfrazarme de aceituna) e tiña un papá tan estupendo coma Atticus (non era advogado, pero sí profundamente ético). Daquela non era consiente do que, pasados os anos, significaría para min esa lectura. Hoxe saín a mercarlle un regalo de Nadal para o meu sobriño Manuel (ten dez anos), pero en ninghuna librería había un mísero exemplar de Matar a un ruiseñor.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

No Faro de Vigo deste 5ª feira hai tamén unha lembranza a Rober Mulligan de Méndez Ferrín.

Se non cambian o acceso sería:
http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008122700_5_284206__Opinion-Robert-Mulligan

Spiros.
spiros1011@hotmail.com

Selina dijo...

Grazas, Spiros. Lin o artigo de Ferrín e se tuvese máis tempo escribiría unha entrada que levase por título: Cabazas, aceitunas ou a macedonia da memoria infantíl cando se pasa dos cincuenta. A Scout non a violan, como seguramente a miña mente trocou unha aceituna por unha cabaza...
Gostaríame que o libro voltase a caer nas miñas mans. Saúdos