martes, 20 de octubre de 2009

Celebrando Mabon

Cea de Mabon (foto Selina)
Co equinocio de outono entramos nos días máis escuros do ano. O sol móvese hacia o Sur e a luz inicia o seu período de descenso. É o momento de preparase para entrar no íntimo e agradecer á Nai Terra os froitos do ano.
Así celebramos en círculo a cea de Mabon en casa de Ana: Raquel fixo pan e a casa arrecendía con aromas especiais de marmeladas, marmelos, galletas, bizcoitos e a increíble ensalada de Mabón na que non faltaba a granada, as noces, abelás, améndoas, uvas... E todos os belísimos ritos bailes e cánticos, vestidas coas mellores galas e protexidas por Dana.
Co corazón ben aberto sementamos as sementes dos noso desexos para esta fase do ano e fixemos a rolda da palabra agradecida.
Grazas Nai por toda a abundancia, por toda a beleza.




1 comentario:

Karme dijo...

SEGUEME EMOCIONANDOME A TUA SENSIBILIDADE. UN ABRAZO.