sábado, 17 de octubre de 2009

14 Festival Internacional de Cine de Ourense (III)

La Caja dePandora de Yesim Ustaoglu

O venres, decidinme La caja de Pandora película turca gañadora da palma de ouro do festival de San Sebastián do 2008. Non coñezo Estambul, pero a cidade imaxinada nada ten que ver coas paisaxes que o film ofrece, podería suceder en calquera cidade do mundo.
Belísimas as paisaxes das montañas do Mar Negro donde vive a avóa en perfecta comunión coa natureza e das que é arrebatada polos fillos cando a velliña se ve víctima do Alzheimer. O drama da vida dos personaxes encontra aquí o seu punto inflexión, pois o feito de ter que coidar da nai destapa un mundo familiar marcado pola frustración e a hipocresía.
A película adoece de ritmo e se fai un poco pesada pois é repetitiva en situacións e imaxes e, ó meu ver, semella un chisco pretenciosa por intentar facer lirismo dunha situación (o Alzheimer) que non ten nada poético. Belísimo final no que a anciá, contando coa complicidade do neto, volta a súa amada montaña para perderse nela definitivamente.

Sempre fun unha apaixoada da animación e, claro, non puiden resistir achegarme a homenaxe a Norman MacLaren. Hai moitos anos que coñezo a obra deste pioneiro creativo canadiano e teño en VHS case toda a súa obra, polo que sabía que non ía a ver nada novo, pero unha vez acomodada na butaca do Principal, tiven que arrepentirme de ter ido: A proxeción foi indecente e moi pouco digna da talla do artista pois as copias deixaban moito que desexar en calidade ó estar píxeladas ó máximo.
Se queren disfrutar do seu inxenio aquí lles deixo uns enlaces de Youtube no que poden atopar unha mostra significativa da súa obra

Neigbohurs
Pas de deux
Phantasy in colors
Le Merle


No hay comentarios: