
Monte de Gándaras no que iberdrola pretende facer un pantano para turbinar a auga en caída libre ó Sil
Fun tocar o tambor, para ti, Gándaras. Cantei, non como a fervenza que te suca, cantei coma unha huz que te brotara.
Fun vibrar o tambor, para ti Gándaras, e a túa pel de séculos erizouse en carpazos floridos.
Conxurei ás ancestras que viron bailar o sol nos teus menceres de antano
Invoquei a protección do vento que de tanto amarte disolveu as túas aristas
Xunguime a ti na túa luz, coa miña luz.