sábado, 27 de diciembre de 2008

Noiteboas

Foto: Luís Vence

Uhna xa está afeita a soedade, xa teño pasado moitas noiteboas e noitemalas soa.
Lembro a primera vez. Un tremer se me anicaba no peito, e ó mesmo tempo unha emoción descoñecida facía que me sentise ben, era a proba, unha máis, para afacerme dunha vez por todas a verdadera realidade desta existencia. O lume aceso, a música, Felisa, a miña gata, a cociña, na que fixen deliciosos postres e un par de copas de bo viño foron os elementos que enchían esa intimidade, na que a pesares das moitas ausencias, do moito desamor, acabei aceptando de bo gusto.
O tempo das esixencias á vida, do sofrimento gratuito, pasaba. Era como unha liberación sentirme despoxada deses vellos sentimientos que nos atan. Comprendín dunha vez por todas que o desapego era o karma que debería aceptar. Foron, son tantas as leccións nese sentido que a aceptación da vida, como me vai vindo é o que conforma hoxe a miña filosofía vital.
Na aldea por estas datas sempre vai moito frío e a xeada é todo un espectáculo de brillos e as estrelas relocen coma nunca. Alí o tempo non ten reloxos e sobran os neóns. Nos soutos os xabaríns e os esquíos teñen un festín de castañas e as landras abondan polos camiños. As corzas baixan á ribeira e os teixugos agabean polos montiños. Un belén espectacular para vivir o solsticio de inverno como a oportunidade cíclica de medrar cara adentro, atizar a chama e renacer.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Impresionoume moito este texto, copieino o meu computador e foron varias as veces que o lin e agora visto de lonxe e máis doado comentar algo. O desapego e aceptación parecen inevitábeis cando se vive todo o que hai que vivir. E o último parágrafo resultoume moi fermoso, o que se conta e como se conta.

Non o sei.

Spiros.

Selina dijo...

Grazas polos seus comentarios, Spiros, encontralos na bandexa de entrada do correo fai que o día teña máis luz.