martes, 4 de agosto de 2009

Románico lucense na Ribeira Sacra

As Bernardas de Pantón

Detalle dun capitel do Ábside
Veu Feliciano (aínda que el se empeña en dicir que Feliciano xa morreu). A nosa amizade é un milagro marabillosos, un regalo da vida. Veu a pasar uns días conmigo antes de coller o avión cara Florencia para facer un deses viaxes que cada ano lle regala ó seu fillo. Quixen sorprendelo e planeei un roteiro polo románico da Ribeira Sacra luguesa.
Saímos tarde da casa. Retrasámonos por causa dun desaiuno copioso no que nos entretivemos en contarnos os soños e falar sen prisas da chea de cousas que tiñamos que contarnos despois de tanto tempo se vermonos.
Chegamos a Pantón e alí visitamos Santa María, o mosteiro cisterciense das Bernardas. Fomos todo o camiño falando do odio que Bernardo de Claraval lle tiña a Abelardo e da terrible historia de Abelardo e Eloísa. Os dous nos preguntamos como a ninguén se lle ocurrira facer unha película sobre unha historia tan apaixoante. Toda a viaxe a sombra deses dous amores contrariados planearía sobre a nosa imaxinación na que Abelardo tiña xa a cara de Malcovich.
Comimos en Monforte e descansamos nas verdes ribeiras do Cabe. A nosa seguinte visita sería San Paio de Diomondi que nos sorprendeu pola súa verticalidade e polas súas feituras moi sellemantes as de San Estevo de Ribas de Miño.

Capiteis de San Paio de Diomondi
Eu xa visitara hai moitos anos Santa María de Seteventos e quedara sorprendida dos frescos descubertos no arco que separa o altar: un xuicio final aterrador. Tiña moitas ganas de voltar a velo. Así que nos encamiñamos a Escairón que estaba en festas. Como sabía que a eirexiña estaba pechada, preguntamos no Círculo, onde nos informaron que tiñamos que ir a buscar ó párroco D. Ramón á casa Rectoral. D. Ramón, amablemente nos acompañou ata alí e abriunos a capela. As pinturas volveron a impresionarme e non parei de facerlles fotos nos escasos dez minutos que o cura nos deu para facer a visita, tiña misa nunha parroquia próxima e eránlle horas.


Detalle claramente misóxeno dos frescos de Seteventos

Outro dos pecados capitais do Inferno en Seteventos

Voltamos de novo a Pantón, quería que Feliciano vise San Miguel de Eiré e San Fiz de Cangas. Da primeira conservaba o recordo do aximéz e dos frescos. É unha igrexa románica da segunda metade do século XII e está declarada monumento nacional. É unha beleza. Conseguimos que un señor dunha casa próxima nos abrira e, despois de disfrutar dos canecillos do exterior e dos excepcionais capiteis das columnas do abside, entramos pola porta norte, duna delicadeza decorativa digna de admirar. Feliciano seguía empeñado en que a iconografía do Pantocrator non podía representar as chagas da pasión de Cristo, que si era o pai non podía ser o fillo. En fin, eu o tiña claro, porque ademáis este estaba na Améndoa Mística (eu e as miñas lecturas de imaxe con gafas violeta).

San Miguel de Eiré
Capitel da columna central do ábside: Os cinco cabalos do Apocalipse

Porta norte co Agnus Dei e 11 rosas

Pantocrator na Améndoa Mística

Fotos Selina

No hay comentarios: