lunes, 10 de agosto de 2009

Gaia María Mater Amantísima

Espertar no altar da lúa (foto Selina)
Altar da lúa, elemento Terra (foto Selina)
Altar da lúa, elemento aire, foto Selina
Acudindo á chamada da caracola (fot0 Selina)
Bautismo (foto Selina)

Bañeime coa túa luz, raíña da noite, poderosa lúa chea
e recibín engados de beleza e xuventude eternas
Regina Dei
Na noite acudín a tí, avó de sabedoría, no bosque sagrado
e no máis profundo da noite templachesme o corazón
no crisol da Terra
Mater Amantísima
Acudín á chamada da caracola, son que conmove
e na fervenza que desmelena a pureza, o meu ser de auga consagrouse a tí
Especulum Vitae
Xuntei, coas irmás leña seca, invocando as Ancestras, potencia do lume
e ó redor da fogueira, aviviei a chama da paixon espiritual que me consume.
Flanma Sacra
E voltei ó mundo plena de beleza, amor e armonía, limpa e pura como saín do teu ventre o primeiro día que vin a luz

2 comentarios:

Belle de jour dijo...

Qué apetecible semella todo. Qué experiencia máis enriquecedora non?

Moitos bicos

Selina dijo...

Estabas en mi Belle, con toda a nosa linaxe feminina, coa abundancia, a gracia, a beleza, nun non tempo expandido xa por sempre e para toda a eternidade.