jueves, 23 de octubre de 2008

FESTIVAL DE CINE OUFF




Aínda que este ano o Ouff celebrouse, ó meu sentir, un pouco de costas á cidade, tivemos ó privilexio de ver algunha delicatesen como esta:

BI AN
(Perda. Indulxencia)
Dirección: Zhang Yibai (Chonquing, 1963)

Sipnose:
O adolescente Xian Chuen perde ó seu pai, de profisión taxista, nun accidente de tráfico. O taxi cae ó río. A pasaxeira superviviente é unha moza de dudosa reputación. Por tradición a nai de Xian deberá responsabilizarse das accións do seu defunto e recolle á moza para que se recupere na súa casa.

Encantadora fotografía e narrativa innovadora que recreándose nos personaxes, introdúcenos no seu mundo intímo e solitario:
A nai, rsponsable da súa débeda de honor, traballadora incansable, asumindo en soedade unha situación que a desborda, descubrindose preñada, percurando e aceptando traballos extras, vixía da vida adolescente dun fillo que non acepta a morte do pai e que encontra en Suan a cómplice perfecta para os seus xogos...¿de maqueta?
Xian, encantador recreador de mundos que talla e situa na maqueta do escenario da súa vida. Namorado de Quing Quing e non correspondido, xa que ela prefire ó conductor do autobús, con “cash” suficiente para pagarlle a súa operción de miopía, descubre e cae cautivo da especial feminidade de Suan.
Suán, a víctima victimizadora. Pernas, tacóns, misteriosa e aproveitada que acepta sen reparos os cartos que a nai consigue dun xeito nada claro, para que se vaia e se alonxe de Xian.
O pai, sempre presente nun retrato que nos fai guiños ó longo da trama e que ó final nos mostra a súa vida segreda: O taxi cae ó río unha hora despois de recoller a Suan.
As paisaxes urbans, o río, os baños dos adolescentes, a obsesión de Xian en aprender a mergullarse para atopar o pai, a cámara subxetiva dende as gafas de mergullador, a cidade monstrosa como pano de fondo, conforman un filme que é como un conto cun final que é o comezo de cada unha das vidas que se nos mostran.

No hay comentarios: