jueves, 8 de julio de 2010
lunes, 26 de abril de 2010
O Corazón de Avalon
Avalón do Corazón,
vibrando estás no meu interior.
Lenes son as sombras que te gardan,
espesa a ignoracia que nos frea nos teus dominios.
E aínda así, quen ousa facelo,
renace sen remedio a unha nova visión do seu destino.
Chego o bosque sagrado e son chamada a atravesar o lago e descendo. Fago soar a póla coas nove campaíñas en forma de mazá para chamar á barca e chega, e me subo. Atraveso o reino de auga da memoria, da emoción, despexando, confrontando as brumas que escurecen a miña clarividencia e emerxo para tomar a espada do descernimento. Xa chego, Avalón me agarda para tomar posesión do que sempre me pertenceu.
miércoles, 14 de abril de 2010
sábado, 20 de marzo de 2010
viernes, 19 de marzo de 2010
In Memoriam de J. Vidal Beneyto

Sei que moitos ímoslle botar de menos e que mercar El País xa non terá ningún alicerce ao faltar a súa lúcida columna de librepensador e periodista independente. De sempre fun admiradora da súa traxectoria vital e comprometida, dende o seu papel primordial no logro do, chamado polo franquismo, O Contubernio de Munich, ata a súa participación coma coselleiro científico de Attac . Longa vida á semente do seu xeneroso e fecundo pensamento.
domingo, 14 de marzo de 2010
O 13 sábado en Compostela
Érase uhna vez dúas bonecas ourensás que chegaron a Compostela o sábado 13 de Marzo, moi contentiñas, cos seus vestidiños tan lindos, feitos con tanto amor por mulleres tan creativas que puxeron neles toda a esperanza nun mundo mellor, máis xusto e igualitario.
Alí, na estación encontráronse con outras que viñan de toda Galicia. Unha marisqueira e unha conserveira de Vigo.
Outra que viña de Pontevedra, directamente da Praza da Verdura, chea de sentimentos e emocións; con botas e un paraugas molladiño de desexos e valores positivos.
E mesmo estaba a da Coruña coa historia do feminismo tatuada na pel
Marchanta da Coruña, foto: Selina
A ferrolá era moreniña.
- Seguro, seguro que é caboverdiana- cotilleaban as de Ourense.
Marchanta ferrolá
Outra traía sementes no corazón e herbas menciñais na faltriqueira. Era a máis terrenal, a que simbolizaba coma ningunha as mulleres do mundo.
Marchanta pola soberanía alimentaria, foto: Selina
foto: Selina
- Seguro, seguro que é caboverdiana- cotilleaban as de Ourense.
Outra traía sementes no corazón e herbas menciñais na faltriqueira. Era a máis terrenal, a que simbolizaba coma ningunha as mulleres do mundo.
- Seremos nós as escollidas para viaxar ó 17 de outbro ó Congo?- pensaban as lindas.
-Xa se verá, de momento haberá que chegar ata a Praza de Cervantes donde seremos presentadas, merendaremos e participaremos da festa da Marcha Mundial das Mulleres que hoxe lanzan a súa III Acción Internacional.
Actuación de Churra e Meri-na, supervedettes
Que ben o pasaron, sen príncipe, sen zapatiños de cristal e sen perdices (eran veganas)
-Xa se verá, de momento haberá que chegar ata a Praza de Cervantes donde seremos presentadas, merendaremos e participaremos da festa da Marcha Mundial das Mulleres que hoxe lanzan a súa III Acción Internacional.
Que ben o pasaron, sen príncipe, sen zapatiños de cristal e sen perdices (eran veganas)
domingo, 7 de marzo de 2010
sábado, 6 de marzo de 2010
A escrava que amou
Na fiestra folgada do horizonte
está a escrava que amou,
ata o penúltimo instante,
o desleigado amor desa cruel vaidade,
que aínda fire o perdón cun beixo mudo,
na ollada silente dun ceo de pedra.
Ela, que con feble pulso, aínda terma da Terra
e late sen ritmo nas horas sen luz
que deixas ó teu paso.
lunes, 1 de marzo de 2010
Crise
Levo tanto tempo sen facer unha entrada que xa me son horas.
Hoxe entra marzo, ventoso por certo, e con el terremotos, tsunamis, bombas metereolóxicas... moito movemento no planeta pero pouco nas conciencias e nos cambios de actitudes cara o medio.
Unha énchese de pesimismo, o pesimismo da razón e aínda que lle quede un chisco de optimismo da vontade, esta vaise mermando e por momentos o espríto entra en crise.
A crise vaise estendendo coma unha pandemia contra a que nos están facendo crer que non hai antídoto.
Na bandexa de entrada do meu correo aparecen a diarío listas interminables de polítcos delincuentes, acosadores sexuais, peticións de firmas contra: etnocidios indíxenas, intervencións salvaxes en ecosistemas vulnerables, maltrato animal, violacións dos dereitos humanos, verquidos tóxicos, manobras orquestais contra a nosa ligua... E con este panorama, a verdade e que me resulta absolutamente trivial e imposible escribir sobre o último libro que me cautivou ou os marabillosos ciclos de cine que nos depara o Cine Clube Padre Feijoo.
Polas mañáns esperto coa alma enguruñada, feita un novelo, vístome de loito, desaiuno cemento e arrastrando os pés marcho a traballar sen gana, baixo a choiva e nen miro as mimosas que xa están floridas.
Reedito a entrada porque sego a ser unha inocentona: véxan vostedes mesmos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)