domingo, 14 de marzo de 2010

O 13 sábado en Compostela

Marchantas ourensás á súa chegada a Compostela, foto: Selina

Érase uhna vez dúas bonecas ourensás que chegaron a Compostela o sábado 13 de Marzo, moi contentiñas, cos seus vestidiños tan lindos, feitos con tanto amor por mulleres tan creativas que puxeron neles toda a esperanza nun mundo mellor, máis xusto e igualitario.

Confección dos vestidos das Marchantas, Praza Maior de Ourense, 8 de marzo, foto Pilar Gato



Alí, na estación encontráronse con outras que viñan de toda Galicia. Unha marisqueira e unha conserveira de Vigo.

As Marchantas de Vigo, foto: Selina


Outra que viña de Pontevedra, directamente da Praza da Verdura, chea de sentimentos e emocións; con botas e un paraugas molladiño de desexos e valores positivos.

Marchanta de Pontevedra, foto: Selina

E mesmo estaba a da Coruña coa historia do feminismo tatuada na pel

Marchanta da Coruña, foto: Selina

A ferrolá era moreniña.
- Seguro, seguro que é caboverdiana- cotilleaban as de Ourense.

Marchanta ferrolá


Outra traía sementes no corazón e herbas menciñais na faltriqueira. Era a máis terrenal, a que simbolizaba coma ningunha as mulleres do mundo.

Marchanta pola soberanía alimentaria, foto: Selina



foto: Selina
- Seremos nós as escollidas para viaxar ó 17 de outbro ó Congo?- pensaban as lindas.
-Xa se verá, de momento haberá que chegar ata a Praza de Cervantes donde seremos presentadas, merendaremos e participaremos da festa da Marcha Mundial das Mulleres que hoxe lanzan a súa III Acción Internacional.

Actuación de Churra e Meri-na, supervedettes

Que ben o pasaron, sen príncipe, sen zapatiños de cristal e sen perdices (eran veganas)



No hay comentarios: