viernes, 2 de septiembre de 2011

Retiro no bosque de Busmayor

Vistas dende A Guiana

Ofrenda na Guiana (a que guía)

Espertar na cascada

Saíndo da cova da raposa

Tenderete improvisado na mañán do amencer da chuvia

A avoa faia

O cáliz, segredo da avoa

Camiño polo bosque
As nubes corrían polo ceo e a fraga allea e ensimismada no seu lentor debuxaba formas nos musgos, os regatos mecían a humidade nas follas das faias e o tomillo indiferente florecendo, fosforescendo. E todos eran un na Nai permisiva que os conforma.
Reflexión: Os froitos medran a altura dos ollos dos que son alimento.
A quietude das montañas, o cantar das fontes e as estridencias das pegas compoñían esa realidade, esa maxia á que son invitada a percibir unha vez ó ano.
A calor dos ollos expandíase en luz verde ao susurro da dabza de herbas e flores e o río a levaba ao mar, ao ceo.
Reflexión: A delicadeza das abellas ao pousarse nas flores é un camiño de vida. Deixarse estar en unidade coa beleza sen traspasar máis aló.
Un paxaro miroume coma mira un paxaro a un humán: entre rexas.

Cando inspiro son a mazaira brava, o carballo retorto no caborco, á percura da luz e cando espiro son tan lene como a bolboreta pousada na milenrama.

No hay comentarios: