sábado, 3 de septiembre de 2011

Labirinto


Dende sempre a humaniade ten utilizado os deseños da xeometría sagrada cun propósito transcendente.
De entre todos, o labirinto é unha das formas mais ricas en matices e o seu poder de transmutación sanadora convírtenno nunha chave preciosa nos rituais de percura e crecimento persoal.
Esta xeometría está presente en todos os pobos e culturas. Podemos velos nos innumerables petroglifos da cultura Castrexa. Os indios Hopi utilizábannos para conectar coa Nai Terra e Vikingos e pobos mariñeiros da antigüedade facían uso deles como ferramenta de poder e videncia antes de facerse ao mar. Incluso podemos velos en igrexas cristiás como estabilizadores e potenciadores das enerxías telúricas (Catedral de Chartres)
Deseñalo e participar na súa construcción inflúe fondamente tanto na persoa coma nas súas relacións e vínculos.
Perderse neles é chegar, paradoxicamente, ao centro de nos mesmas.
Tiven a sorte de construir e camiñar neste que fixemos en Villafranca del Bierzo o pasado día 14 de agosto para os camiñantes pola paz.
Arboleda de las hijas de Gaia: Laberinto de luz

No hay comentarios: