jueves, 7 de abril de 2011

Auga perdida

foto: Selina
 Auga moi de vagar, case parada,
que unha mañá acordando, foche abrigo
e consolo na terra magoada
de quen naceu para correr contigo,

desperta esa febre que persigo
na neboa dunhas mans ensarillada;
ou, indo a ti, devólveme o castigo:
sede a ferver en freixa encadeada.

Ou dos labios que rezan para os prados
o alento verta, aquel que arremuíña
sombras a penas sobre ti e distancia

de xestos, brillos, corpos decepados.
Auga ou lúa nun vértice de espiña,
pel abrindo un pomar ao pé da infancia

Auga Perdida, Lembranza do Areal. .
Anos de Viaxe (Poesía 1981-1987)
Xavier Rodríguez Baixeras
Edicións Xerais de Galicia 1987

No hay comentarios: