sábado, 16 de enero de 2010

lúa negra en acuario

Foto: Denis Stock

Unha vaise espindo nun streep tease meláncolico con fondo de vilonchelos. Coma un bidueiro no outono. Deixando caer cada folla de vida, cada historia nun suspiro de alivio e pena á vez. Sen apegos, pero con tristeza daquelo que puido ter sido e non foi.
É o vento da liberdade que toma as decisión precisas, é o vento da lucidez á percura da valiosa verdade.
Soa e espida no lameiriño do regato coas raíces ben fondas, cos brazos ben erguidos, co corpo cheo de ollos, escoitando a lingaxe dos paxaros que por veces se pousan a descansar.

No hay comentarios: