miércoles, 3 de junio de 2009

Encontro Muller e Guerra, en Ourense


Hai xa uns anos que asisto a estas increíbles reunións dun grupo de aproximadamente cincuenta mulleres do noroeste peninsular. Pronto celebraremos a 50ª . Xuntámonos mulleres independientes, colectivos comprometidos co debate feminista como Flora Tristán de León, Hipatía de Burgos, Foro Feminista de Valladolid, Mulleres feministas de Salamanca e Asturias, e colectivos asistenciais á víctimas de violación e malos tratos como ADABAS. Cada tres meses e nunha cidade diferente tratamos un tema que queda fixado na reunión anterior, co compromiso por parte da cidade de acollida de presentar a introducción ó debate. Desta vez tocounos a Ourense e foi a Asociación de Mulleres Separadas e Divorciaciadas a encargada de recibir. Veu María Xosé Queizán a presentar o tema Muller e Guerra. Dada a imposibilidade de encontrar un lugar na cidade para aloxar a un grupo tan numeroso, tívose que optar por o Centro Equal en Vilarchao. Queizán extendeuse un pouco demáis e o que ía ser unha presentación resultou sendo unha ponencia, na que despois de dar un repaso pola Historia e recordarnos a importancia da muller como botín e da violación autorizada, considerou a guerra e o sexo como paradigma da relación sexo/poder no que o pacifismo femenino é unha lacra educacional que considera a violencia institucionalizada coma un fenómeno normal. O pensamento forte centrouno na tese de que é o pensamento dicotómico o conductor da guerra, sendo ésta a súa consecuencia máis dramática. Bos/malos é o par no que o converter ó inimigo en malo é o que xustifica a súa eliminación e a maior cohartada da barbarie. Para ela a xénese de toda dicotomía é o principio home/muler , principio de non igualdade, de aí que toda dicotomía sexa sexuada. De tódas as intervencións posteriores destaco dúas. A dunha muller excepcional Olga Castrillo que nos instou a desmitificar a guerra coma industria creadora de traballo, propor ó individuo fronte a toda dicotomía e eliminar os signos externos que nos clasifican e nos debilitan, constatando que o capital e a relixión son os principaís obstáculos. Pola súa parte Charo Cortés Tovar, cátedra de filoloxía en Salamanca, centrouse en propostas de tipo educacional, traballando os contidos curriculares de xénero e paz, prácticamente esquencidos na praxe educativa ou relegados ás efemérides. Outras propostas foron na liña da obxección fiscal ou de buscar alianzas con todas as mulleres comprometidas na consecución da paz. Despois do descanso e o refrixerio afroitado, votáronse os temas propostos para o posterior debate que será sobre soberanía alimentaria, a finais de setembro en Salamanca. Quedounos a mañá do domingo para o lecer e a fratenidade, polas termas que elas tanto aprecian. Ata pronto irmás!











No hay comentarios: