domingo, 28 de septiembre de 2008

Los Girasoles Ciegos

Localización, foto: Selina

O domingo pasado fun ó cine, tiña auténtica curiosidade por ver Los Girasoles Ciegos, película rodada nunha cidade que adoro e cun tema que levo tatuado na alma.
Sabía que Alberto Méndez sitúa en Madrid o acontecer da narración. Supuxen que a Cuerda seríalle máis doado realizala en Ourense, debido a súa proximidade vital con esa cidade e significativamente máis económico. Pero realmente o que me interesaba dela era eso, quería ver Ourense con esa mirada.
Claveime na butaca e non puiden despegar os ollos da pantalla ata que húmidos, pola secuencia climax da violación e posterior suicidio, tiven que rebuscar a tentas no bolso para coller un Kleenex, ou ata que sentín o noxo no estómago na secuencia final da confesión.
Non puiden evitar chamar a Feliciano (meu amigo da alma, dos contos, das pelis...de tanto na vida) e comentar con el.
A verdade e que sempre me pasou, cando vexo un espectáculo e me chega, quedo transida e os matices da crítica non afloran a miña mente ata pasados uns días.
Efectivamente, como dicia Feliciano a interpretación de Javier Cámara está moi plana, poucas veces chega ó público, pero cando chega de verdade, desaparece nesa fin tráxica e anunciada. O seminarista é crible, moi crible nese personaxe psicopatón e frío que interpreta Raúl Arévalo, moi situado na misoxinia eclesiástica, moi naqueles tempos, pero non lle encaixa a sobreactuación do "paseillo a lo torero" pola costa de San Martiño, sobreactúa. Efectivamente Feliciano leva razón.
A verdade e que algo me chirriaba na historia do segundo relato de Alvaro Méndez, a máis lograda no libro e máis feble da película, a pesares do terrible. O poeta, interpretado polo fillo de Manolo Rivas, cunha interpretación desencaixada e incrible, fai que a forza da historia palideza e quede esvaída no conxunto.
Ela, Maribel Verdú, é a poderosa é a súa construcción do personaxe excepcional, a interpretación, contida e chea de matices glorifica o filme. O neno, marabilloso.
A película funciona, a historia é moi potente.

3 comentarios:

os da palleira dijo...

Ola Celiña. Estréome nos comentarios. Eu tamén concordo con que a película está frouxiña frouxiña. Seica na sala de montaxe tirou moito metraxe ao lixo e ao final quedaron historias mal narradas. E polo demais, eu tiven unha lixeira sensación do Cuerda como funcionario do estado empregado no cine, sen riscos, sen emoción visual, sen meterse sequera a construir o personaxe cos actores. En fin, outro bo libro desperdiciado.

Bicos, e felicidades polo blog.

Martiño

Selina dijo...

Grazas polo comentario. Un bico

Ánxelis dijo...

Penso que todolos ourensans tivemos a mesma sensación o ollar o filme, a falta de costume fai que acadaramos, moita mais cidade da que nos dan, eso fai que a nosa vision da pelicula non sexa obxetiva, ainda con todo coido que e millorable.
De todolos xeitos, que non sexa o ultimo papel no cine da nosa cidade.
Un saudo e felicidades polo blogue.
(e orixinal e creativo, e eso faille moita falta hoxe ó galego)