domingo, 28 de septiembre de 2008

Irmán escuro que me aterras
¿qué sangue percorre as túas veas infalmadas de odio e vinganza?
¿que pedras percuten nesa túa bóveda valeira?
Temo ese teu medo que te brilla nos ollos,
como gume luído en insomnios
como vermes famentos de morte.

Excavo na Terra e enterro
eses detritus de alma enferma,
cada día, para facer o ar respirable,
para transmutar en fértil abono vital
a túa morte apodrecida,
sepultada nunha morea de escombros
que nen siquera te pertencen.

Nada tés de teu, nada.
Pobre irmán escuro que me acedas
o pouco mel que da esta vida

No hay comentarios: