lunes, 27 de julio de 2009

Esperanza Spalding en Pontevedra


Esperanza Spalding no XVII Festival de Jazz e Blues de Pontevedra. Foto Selina

Que gustazo poder disfrutar desta marabilla en vivo e en directo!
A noite estaba deliciosa na praza da Ferrería, a voz de Esperanza vibraba nunha explosión de matices mentras os seus dedos golpeaban as grosas cordas do contrabaixo, degranando a complexidade de ritmos virtuosos e sublimes. Acompañada de tres xovencísimos músicos: Otys Brown ó piano, Leo Genovese á batería e Ricardo Vogt á guitarra, deleitounos cun repertorio de composicións proprias e arranxos moi creativos de temas clásicos de Chick Corea, Wanny Shorter, Nina Simonne... Scatt, Bossa, Soul ... soaban a ceo callado de estrelas na súa voz de serea trilingüe.
O jazz en vivo me levanta e me descorcha e o peor sempre é o final: Como meterme na cama e durmir con tanta música na mente?

lunes, 20 de julio de 2009

Cómaros de verán

Lapati e Lacatu en Barra
Fogos de Bouzas dende o balcón de Chuspi

Loren e Tere na parra
Polos soutos adiante
Horizontes de verán no Sil
Castiñeiros en flor e sombras vespertinas no lameiro grande

Días longos de amizade, arrecendos, brisa, risa

domingo, 28 de junio de 2009

As Deusas de cada muller e as Deusas da muller madura

foto: Selina

Dous libros fascinantes da psiquiatra junguiana Jean Shinoda Bolem, profesora de psiquiatría na Universidade de California. Neles, a autora da claves para comprender os arquetipos psíquicos que aniñan en cada muller.
¿Que deusa consegue a mazá de ouro? A muller decide e aprende a conectar coas deusas como diferentes partes de sí, como imaxes internas que anclan a experiencia.
As deusas virxes: Artemisa, Atenea, Hestia. As deusas vulnerables: Hera, Demeter, Perséfone. A deusa alquímica: Afrodita. As deusas da sabedoría práctica e intelectual: Metis, Sofía, Hécate, Hestia. As da ira transformadora: Sekmet, Kali-Ma. As da risa curativa: Baubo, Uzme. As deusas da compaixón: Kuan-Yin, A Virxe María e a Dama da Liberdade.
Un panteón de sementes que granarán no proceso de individuación hacia a propria esencia da alma e o espríto.

sábado, 27 de junio de 2009

Inanna

N. Tomás de Caravia.: Última mirada

Viu Inanna coma o día se tinxía dun verde viscoso, coma se alcendían lumes de crueldade
e vermes chamaban á porta do seu corazón que se pechaba.

Alguén tentaba verter axenxo no espello e os pobres traidores a sí exercitábanse na delación,
urdindo suxas trampas que os encadearían, coma arácnidos, ós seus propios fíos.

Pero Inanna xa voltara dos infernos e distinguía entre os seres que choraran e os que non, e decidiu quen se quedaría con ela e a quen levarían os diaños.

miércoles, 24 de junio de 2009

Os seis Paramitas ou perfeccións do corazón

foto: Selina

1. Xenerosidade. A calquera o que necesite, a xenerosidade da riqueza e a xenerosidade da enseñanza excelsa e, para os que se haxan baixo distintos medos, a xenerosidade da protección.
2. Autodisciliplina. Deixar atrás os alibaixos dos vicios e entrar na vastedade da virtude. Polo ben dos demáis manter a disciplina perfecta.
3. Paciencia. Cultivo da coraxe, a consciencia e a tolerancia.
4. Esforzo sen esforzo. Implicación na intención e a súa aplicación sen desánimo, sen satisfación.
5. Meditación. Mente en serenidade e calma, extensión da conciencia ós demáis.
6. Sabedoría. Para comprender toda a verdade relativa coma un espellismo, e descobrer a verdade como o ceo, libre de toda complexidade. A sabedoría da escoita, a meditación e a contemplación.

Para que a densa escuridade dos seres vivos sexa eliminada e, no seu lugar, irradie a luz do verdadeiro coñecemento do sol e da lúa. que fará florecer o xardín da flor do loto da ledicia e a paz.

Do libro: El Sutra del corazón. Texto tibetano y traducción. Ed Kairós, febrero 2003

Solsticio


As máxicas herbas do solsticio orballadas na noite, para lavar a cara ó mencer.

O hipérico, herba da alegría espantadiaños e poderosa
Fiuncho, planta de Adonis cuia sangue converteu en anémonas Afrodita.
A verbena, para romper os nudos e sacar as espiñas.
Artemisa, herba da deusa Gaia, ancestro das mitilóxicas fadas.
O Romeu, herba dos trovadores, consagrada ó recordo e a amizade.
Madreselva do amor fratenal
A rosa mística nacida da sangue do reiseñor inmolado ó amor.

Terra o meu corpo, auga o meu sangeu, aire o meu alento e lume o meu espríto!

jueves, 18 de junio de 2009

Nunca ninguén a esperaba

María Nicoletta Tomás de Caravia

A expresión do seu corpo no amor foi como un galope cara o valeiro, logo a sensación de caída prolongouse no insomnio calado e cómplice daquel corpo que a incendiara.

Non concebira nunca un encontro intranscendente, nunca estratéxico nen fatal, fora un soño quen escollera o corpo dela para el .

Sen sospeitar a caída entregouse loucamente.

Aínda que por un instante percibiu o eco dos seus movementos rebotando nas paredes, saíndose fora de si, caendo polo chan, por todas partes... agás nel. Non quixo trocar de código, para aquel que non a sentía senón pensandoa, nun acto puro, consciente xa do valeiro escuro que se agachaba na noite.

E, caendo, aquel corazón que tiña, teimaba en non ceder ó acougo ata que a mañán, asulagada de luz invernal, veu a bater nas fiestras para lémbralle a eterna soedade á que xa estaba afeita.

A raiola de luz que anunciaba o día iluminaba aquel cuarto de hotel impensado, ó que se deixou levar pola calor, pola seguridade que lle inspirara aquela alma. Espexismo de salto mortal sen rede, na sede de encontro que o seu corpo sentía.

Camiñando polas rúas frías daquela cidade de pedra, respirando a densidade húmida das néboas ou o incesante caer da chuvia, sentindo aquel seu corazón que teimaba en non acougar, pensando o desencontro daquel acto único no que, fuxindo de toda hipocresía eludiu a tiranía da seducción e, sen entregarse a autocomplacencia, foi fidel a sí como sempre o fora.

E non quixo ceder á dor nen ó desamor do silencio que a vencían.

Sabía que ninguén a agardaba.

Aquela noite estreitábase pola fiestra. Trás da cretona, un fío desleido e húmido atravesaba o río polas pontes. Un sopro de néboa traía sons de acordeón.

Prendeu un cigarro de marihuana e os pensamentos cabalgaron por riba do día.

A serenidade ía deixando lugar a imaxes propias.

sábado, 13 de junio de 2009

Home




Nos 200.000 anos que os homes levamos sobre a Terra rompimos o equilibrio que durante case catro mil millóns de anos de evolución se establecera no planeta. O precio que debemos pagar é alto, pero é demasiado tarde para ser pesimistas: a humanidade dispón apenas de dez años para invertir a tendencia, darse conta do grao de espolio da riqueza da Terra e cambiar o seu modelo de consumo.
Esta é a sipnose da película máis fermosa e terrible que nunca vira: HOME (clic)
Estreouse gratis e para todo o mundo o 5 de xuño, nunha canle que Youtube habilitou especialmente para tal acontecemento. Dirixida polo francés Yan Arthus Bertrand e con música de Armand Amar, móstranos a terra dende o ceo e dende alí, lonxe da dor e da miseria, todo é beleza e pura emoción.
Non é un filme calquera, é un manifesto que trata de crear conciencia e, dende logo,ninguén que a vexa vai quedar como estaba.
É un esforzo do grupo PPR que ten trás de sí 88000 persoas. Un helicóptero, una cámara cineflex, un piloto e un técino en imaxe foi o equipo. O resultado mereceu a pena. Non deixen de vela, a gratuidade expira o 15 de xuño.

lunes, 8 de junio de 2009

Un verso coma un cervo

Foto: Selina (flor da feixoa)
...
Un verso coma un cervo que me agarda
no penedo máis alto da montaña.
...
Un verso coma un cervo cas súas cornas
florecidas de estrelas contra o medo.

versos de Antón Tovar