lunes, 9 de mayo de 2011

A Avoa Margarita

Un fin de semana na Casa da Terra en compañía desta muller que está aquí e agora para recordarnos quen somos. Grazas avoa polas sinxelas palabras, por dirixir o temascal coa sabedoría da permisividade e a tolerancia, por abrir os esprítos dos homes ao seu ser feminino e lembrarlles a orixe cósmica da súa semente.
Na túa honra escribo esta oración que nos regalaches e que é a fonte de toda a túa inspiración:

Do vermello corazón de Quezatlcoatl brotou a flor de ouro e a semente, o doce trino e a luz das estrelas; na fronte dun pobo nace un sol, humanidade, flor e paxaro, no centro vital do pensamento. 
Está no vento. É nube, auga que fai carne co millo.
Quezatlcoatl máxico e cósmico é!
É xoia, pedra preciosa que ten inmersos a luz e as cores.
Escintileos do río de ouro que leva incrustados a fala e o canto, a voz da frauta e a pirámide do coñecemento.
É o trono que cimbra os metais da súa voz na gorxa dos paxaros e na humanidade.
Medra coma árbore florida na boca humana e no bico das aves.
É o viño do amor, delicia da calor da muller, tesouro, útero onde nace a vida.
Quezatlcoatl máxico e cósmico é!



1 comentario:

Patricia dijo...

qué emocionante tivo que ser...